ÉTICA VS FUNCIONALIDADE
En relación ao debate sobre a clonación humana cabe salientar que a maioría dos científicos non está interesada en producir clones humanos. O que pretenden facer é producir células humanas clonadas que poidan empregarse para curar algunhas enfermidades. Para isto, os científicos producirían un embrión clonado empregando o ADN das células epidérmicas do paciente. Despois, retirarían as células nai deste embrión, transformándoas en células do tecido danado e por último transplantaríanas ao paciente.Esta forma de obter células nai co obxectivo de curar determinadas enfermidades é moito máis ética que ter un embrión no conxeador dunha clínica de fertilización que foi creado a partir da mestura única do esperma e o óvulo, isto produce un conxunto totalmente único de xenes que se convertirían nun individuo único. Da outra maneira, o embrión clonado é unha copia xenética de alguén que xa está vivo e deu o seu consentimento.A pesar dos seus numerosos beneficios para curar enfermidades, a clonación humana formula moitas preguntas de carácter ético. É unha fabulosa oportunidade terapéutica ou unha explotación intolerable da vida? A partir de que momento pode considerarse que o embrión humano é unha persoa? Aténtase contra a dignidade humana ao crear embrións con fines exclusivamente terapéuticos?
A miña opinión é que a ciencia debe empregar todas as súas posibilidades para mellorar as condicións de vida da humanidade. Todos os procedementos que empregue parécenme correctos sempre que non lle produza dano a outro ser humano ( considerando ser humano a ese embrión). A min paréceme que é persoa desde a súa orixe, pero ao non ter capacidade de decisión creo que é correcto empregalo con fines terapéuticos, e non penso que isto sexa atentar contra a dignidade humana, xa que non se lle produce dor e sería moito máis indigno non salvar unha vida humana desenrolada dispoñendo dos medios para facelo.
Esta é a miña opinión, pero que pensades vós?
Eu saquei a información dunha páxina sobre as ciencias da vida e debate dos temas, aquí podedes informarvos sobre que significa células nai, sobre como se realizan as clonacións, sobre as leis que rexen estas prácticas nos diferentes países, debates…Esta pareceume unha páxina moi completa que vos servirá de axuda. Tamén saquei información doutra sobre os problemas da clonación humana.
Esta entrada foi elaborada por María Estevez no curso 2010-11
Tags: células nai, clonación humana