Arroz transxénico? Non, grazas.
O arroz é o alimento básico máis importante a nivel mundial xa que máis da metade da poboación do planeta alimentase deste alimento cada día. Lévase cultivando dende fai máis de 10.000 años e actualmente prodúcese en 113 países especialmente en China, Xapón, Australia, Filipinas, Tailandia, Indonesia y Birmania.
O cultivo de arroz transxénico pretende aumentar a produción deste alimento para abastecer a poboación del e así loitar contra a fame no mundo. Os obxectivos deste arroz é ser máis resistente ás pragas e enfermidades, necesitar menos pesticidas e fertilizantes, soportar mellor a seca, o frío e a salinidade e precisar menos auga para o seu cultivo a partires do xen HDR(permite diminuír a transpiración e aumentar a fotosínteses). Ademais intentan presentar numerosos avances para a saúde como a introdución de xenes humanos e así obter proteínas para erradicar a diarrea infantil, selo remedio contra a alerxia (ao consumir este arroz, o sistema inmunitario desenrola unha maior tolerancia cara o polen diminuíndo os efectos da alerxia) ou poder telos mesmos efectos cunha vacina contra o cólera, cáncer ou mesmo contra o VIH. Estase a investigar nuns tipos deste arroz transxénico que presentan un factor de crecemento e ata noutros que contan con pro-vitamina A(a súa falta pode causala pérdida de visión) que poderían salvar da cegueira a millóns de persoas!
Pero o seu cultivo non é tan marabilloso como aparenta ser e non só ten cousas boas. Ao ser un produto tan consumido en todo o mundo, a súa contaminación suporía unha catástrofe humanitaria e non só na alimentación das persoas xa que poden chegar a quedar restos transxénicos nos alimentos, senón tamén poderían acabar con moitas variedades do cultivo e contaminar os chans. Tocante á saúde humana, este tipo de arroz pode xerar reaccións alérxicas ou a proliferación de células canceríxenas. É mester combinalo con certos herbicidas e pesticidas que poden chegar a ser moi perigosos para o medio ambiente. Outro gran problema que presenta é o seguinte: si, será verdade que ofrecen un maior control sobre as pragas, pero estas pragas poden chagar a mutar e vencer esa resistencia creada artificialmente. A pérdida de control pode incrementar o uso de insecticidas. Ademais o milagroso arroz con pro-vitamina A presenta inconvintes: para que sexa efectivo ten que ser inxerido en altas cantidades diariamente (uns 9 quilos de arroz cocido) e ser perigoso para a saúde, debemos correr ese risco tendo alternativas como o aceite de fígado de peixe?. As consecuencias que poden carrexar e a relación que establezan co medio os transxénicos son practicamente imposibles de predicir, isto supón un gran problema.
Ademais, credes que os beneficios económicos que producen os transxénicos irían cara os millóns de agricultores que actualmente cultivan o arroz? Pois non, eses beneficios irían cara unhas poucas mans, as grandes multinacionais como Monsanto ou Bayer, que monopolizarán o sector e arruinarán a millóns de pequenos campesiños.
Para rematares preséntovos un dato moi curioso: a maioría de estas especies transxénicos están patentadas por as principais fábricas de pésticidas, casualidades ou puro negocio? Non credes que os transxénicos son un negocio para así empregar máis pesticidas?
Persoalmente estou en contra de que se comercialice o arroz transxénico porque considero que son máis os problemas que poden acontecer que os beneficios que presentan. Non creo que faga falta correr eses riscos xa que existen alternativas que nos ofrezan eses beneficios.
Polo xeral, onde me documentei máis foi na páxina de Greenpeace onde poderedes atopar máis información sobre os transxénicos.
Tamén atopei un video moi interesante sobre o arroz transxénico na seguinte páxina onde fala sobre o arroz transxénico LL62 desenrolado por Bayer. http://www.gastronomiaycia.com/2009/07/07/arroz-transgenico-ll62/
Esta entrada foi elaborada por Eva González no curso 2010-11
Tags: transxénicos