Orellas humanas no lombo dun ratón

Fai uns cantos meses escoitei nos informativos una noticia que me pareceu de gran importancia dentro da bioenxeñería, unha noticia que falaba de algo difícil de crer. Esta noticia dicía así:

“Un grupo de científicos chineses desenvolveu oídos humanos en ratos utilizando técnicas de enxeñería de tecidos,segundo fontes médicas.”O noso obxectivo é a recuperación das partes danadas do ser humano e inaugurar unha nova era a través da clonación dos seus propios tecidos”, dixo o Centro de Investigación e Desenvolvemento de Tecidos Humanos Shanghai (CIDTDS,China).

Dr Yilin Cao, xefe CIDTDS, conduciu o equipo que conseguiu producir os oídos humanos nos lombos de ratos no laboratorio da súa institución que, segundo a axencia estatal Xinhua, é a maior do mundo do seu tipo.O comunicado engade que o centro creou un programa especial para a reprodución da cartilaxe da orella, tendóns e pel, a partir dos resultados das súas investigación científicas, e xa houbo algúns transplantes en humano.

Polo momento non hai información sobre o grao de aceptación ou rexeitamento dos transplantes de tal, que parece estar nun período inicial.O centro está financiado pola Comisión de Ciencia e Tecnoloxía de Shanghai e científicos de universidades e institutos de medicina que aportaron as fontes.

O goberno chinés, aparte de experimentar no campo da medicina do futuro, deu prioridade ao “Proxecto Clonación”, deseñado para salvar especies en perigo de extinción como o panda xigante, o mono dourado ou o tigre siberiano.Estes programas, que se levan a cabo a marchas forzosas, contan co total apoio de dirixentes que non se plantean, como en occidente, cuestións morais na clonación de órganos humanos.”

Mentres buscaba máis casos de organismos xeneticamente modificados chamoume moito a atención unha clase de peixes cebra, pero moi diferentes ós orixinais, posto que en lugar de seren grises con raís negras, eran dun cor amarelo, verde ou roxo fluorescente.

Como se conseguiu estes peixes? A resposta e simple, foron xeneticamente modificados. As ovas dos peixes cebra foron inoculadas cun xen dunha proteína da fluorescencia verde, amarela ou roxa dunha medusa e dun coral mariño.

A continuación déixovos un vídeo sobre a bioenxeñería no cal, aparte de falarse do caso do ratón coa orella no lombo e dos peixes fosforitos, fálase doutros casos nos que podemos ver outros animais creados ou modificados pola bioenxeñería e onde nos dan una reflexión sobre as consecuencias que poden chegar a ver por mor desta actividade.

Primeira parte do video:


Segunda parte do video:


Esta entrada foi elaborada por Emilio Nuñez no curso 2010-11

 

Tags: