A orixe do condón
A historia do condón ou preservativo remóntase na época exipcia na que existen evidencias do uso de preservativos como medio de protección entre Romanos e exipcios. Pero ata o século XVI non se consideraron oficialmente inventados. O responsable foi o anatomista e ciruxián Grabiele Fallopio, famoso por haber conseguido describir os canais que conducen do ovario o útero. Fallopio diseñou unha vaíña feita de tripa de animal e liño que se fixaba o pene cun lazo de cor rosa.
Este dispositivo, bastante groso e incómodo, estaba destinado a previr as enfermidades de transmisión sexual, como a sífilis e a gonorrea.
Un século despois, o conde Condom, médico persoal do Rei Carlos II de Inglaterra, perfecionou o preservativo utilizando o intestino de cordero lubricado con aceite. Pronto comezou a chamarse condón.
O primeiro condón de goma vulcanizada fabricouse en 1870. Os condóns desechables de usar e tirar veron a luz nos anos trinta, coincidindo cunha gran mellora nas súas cualidades.
Na actualidade existen dous tipos de preservativos:
- O condón masculino que consiste nunha funda transparente feita de látex.
- O condón feminino que consiste nunha funda ou bolsa que cobre o interior da vaxina.
Fontes de información: http://es.wikipedia.org/wiki/Preservativo
Imaxes: Wikipedia
Creo que o condón foi un grande invento xa que actualmente unha parella pode decidir se quere ter un fillo ou non.
Este post foi elaborado por Roberto Morgado no curso 2011-12