A Lámpada Incandescente

As lampadas incandescentes foron a primeira forma de xerar luz a partir da enerxía eléctrica. Desde que foron inventadas, a teconoloxía cambiou moito producindo sustanciosos avances na cantidades de luz producida, no consumo e a duración das lámpadas. O seu principio de funcionamento é simple, pásase unha corrente eléctrica por un filamento ata que este alcanza unha temperatura tan alta que emite radiacións visibles polo ollo humano.

  • Historia:

O invento da bombilla atribúeselle a Thomas Edison quen presentou o 21 de outubro de 1879 unha lámpada práctica e viable, que luciu durante 48 horas seguidas, non obstante o invento foi desenrolado primeiramente por Humphry Davy e Warren de la Rue. Pero ainda así foille concedida a patente en 1880.

  • Partes da lámpada:

Esta formada por un fio de wolframio que se quenta por efecto Joule alcanzando temperaturas tan elevadas que empeza a emitir luz visible. Para evitar que tal filamento se queime ao contacto co aire, rodéase cunha ampolla de vidro á que se lle fai o vacio ou se rechea cun gas. O conxunto completase cuns elementos con funcións de soporte e condución da corrente eléctrica e un casquillo normalizado que sirve para conectar a lámpada á luminaria.

imagen

Opinion Personal:

Na miña opinión a invención da lámpada incandescente foi un dos máis revolucionarios na sociedade, xa que sen bombillas a nosa vida non seria a mesma, nin tampouco serian posibles moitos dos inventos de hoxe en día.
As fontes de informacion foron:

 wikipedia

A páxina é da universidade politecnica de cataluña

Este post foi elaborado por Brian Villar no curso 2011-12    

 

Tags: