Os Transplantes.
O transplante é un tratamento médico complexo. Permiten que persoas nas que un determinado órgano ou tecido está deteriorado poidan ser remplazados con outros órganos de outras persoas que os doan. A ventaxe dun transplante é a cura dunha enfermidade, coma a deficiencia cardíaca, ou prolongar a vida dunha persoa na que a esperanza de vida é baixa. Ante a posibilidade de que o corpo rexeite o órgano enxertado, realízanse previamente probas coma a do grupo sanguineo; tamen despois da operación, o receptor debe medicarse con fármacos inmunodepresores, para reducir así a posibilidade de rexeitamento do órgano.
O tempo varía dependendo de varios factores. En primeiro lugar débese considerar o órgano ou tecido a transplantar. En segundo lugar se o enfermo conta con algún doador vivo que estea disposto e sexa compatible. En terceiro lugar, depende da institución médica e o grao de actividade que desenvolva para a obtención de órganos, así como da súa demanda de transplantes.
O órgano que máis se require para transplante é o ril, seguido de córnea, mentres que o número de pacientes que requiren transplantes de fígado, corazón e pulmón é moito menor. No caso do ril e córnea o tempo media de espera é entre 24 e 30 meses. No caso de fígado e corazón os tempos de espera poden ser moito máis longos. O transplante de órganos tivo e está a ter un desenrolo espectacular a nivel nacional; así se converteu España no país que máis transplantes de doante cadaver por poboación se realizan. A taxa de éxito nos transplantes é do 80 % e o 90 %. A importancia das doazóns cobra importancia cando se nos dí un dato tan relevante:”un doante de órganos pode salvar ata 8 vidas”.
Por último,como un dato de gran importancia,destacamos que nos Estados Unidos de América máis de 20000 hispanos necesitan un transplante; mais arredor de 53000 recibiron un órgano que lles privaría da vida no caso de que non o houberan recibido.
Fontes de información:
Como conclusión que fago, é que os transplantes a día de hoxe teñen unha gran importancia; xa que conseguen que a xente poida mellorar a súa vida ou alongala se o individuo estaba a punto de morrer.
Este post foi elaborado por Martín Andrés no curso 2011-12
Tags: Transplantes