A cremalleira ou cerre éclair

A cremalleira é un dispositivo dentado que foi ideado por Gideon Sundack en 1911, un inmigrante sueco residente en Canadá,  e patentado dous anos despois.

O seu primer uso comercial de importancia foi en 1923 cando a Goodrich Corporation usou o invento para poder cerrar e abrir máis comodamente as bolsiñas de tabaco e as botas.

No transcurso desa década e da seguinte modernizouse o uso que máis se lle da na actualidade: na industria textil, tanto nas cremalleiras dos pantalóns ou como nas chaquetas e demáis prendas.

O seu mecanismo é sinxelo, tratase de dentes colocados de maneira alternativa a un e outro lado cerrando ó subir un mecanismo que xunta os dentes de cada lado e separándo  ó facer o movemento contrario, tal e como aparece no seguinte gif.

Mecanismo de uso dunha cremalleira

Sen dúbida, a cremalleira é un dos inventos máis usados na nosa vida. Quen non sube ou baixa cada día unha cremalleira, sexa dun pantalón ou dunha chaqueta?

Fontes:

Wikipedia

Edgar González

Este post foi elaborado por  Hector Sierra no curso 2011-12

 

Tags: ,