O sismógrafo

Un sismógrafó é un instrumento capaz de detectar un  Sismo provocado por un terremoto ou explosión na Terra.

O pimer sismógrafo foi construído en China, en torno ó ano 130 d.C. Era un recipiente de bronce rodeado por seis dragóns cunha bóla na boca cada un e se algunha caía sabíase que houbera unha onda sísmica.

Sismógrafo

Hoxe en día existen diferentes tipos de sismógrafos, pero todos baséanse no principio do péndulo.  Para gravar movementos horizontais , dunha estrutura suxeita ó chan, cólgase,cun arame, un obxeto pesado con un lápis na parte inferior. O lápis está en contacto con un tambor xiratorio unido á estructura. Deste xeito, cando unha onda sísmica alcanza o aparello,o chan,a estructura e o tambor vibran de un lado para o outro, pero, debido á inercia, o obxeto suspendido non o fai. Entón, o lápis debuxa una liña ondulada.

Para os movementos verticais, o arame cámbiase por un muelle.

Poden ser usados para localizar, en tres dimensións, a fonte do terremoto, para detectar explosións de probas nucleares e permítelle  ós xeólogos facer mapas do interior da Terra, polo que nos permite coñecer mellor o noso planeta e así previr catástrofes.

As miñas fontes foron:

http://www.astromia.com/glosario/sismografo.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Sism%C3%B3metro

A imaxe:

http://www.yalosabes.com/como-funciona-un-sismografo.html

Este post foi elaborado por  Marcos Pascual no curso 2011-12        

 

Tags: