A vida no espazo
Meses de entrenamento, preparación psicolóxica, illamento do mundo, medo… Así é a vida dun astronauta antes de deixar a Terra e despois de volver a ela.
Dentro da nave non hai arriba nin abaixo. Todo flota, ata os seres humanos, así que hai que ter moito coidado de non chocar con partes vitais do aparello ou cos propios experimentos científicos. Por isto, é necesario estar preparado para o viaxe ao espazo. Meses de entrenamento e algúns días de incomunicación co exterior para evitar enfermidades son clave para lanzarse ao baleiro a un viaxe, para moitos, sen retorno.
Para que os astronautas poidan durmir, as cabinas teñen sacos de durmir verticais, debido a que como no espazo non existe gravidade non importa a posición en que os astronautas durman. Dada a falta de gravidade os astronautas non poden ducharse con auga, así que usan toallas molladas e xabón para facelo. E para lavar os dentes usan un cepillo e unha pasta de dentes corrente. Para ouriñar posúen un dispositivo en forma de mangueira que sae da parte dianteira do servizo que aspira a urina. Esta é levada a un compartimento que é vaciado cada tres ou catro días no espazo.
A comida no espazo resulta un reto para os astronautas. Os primeiros dous dias de voo hai froita fresca pero despois as cousas son preparadas, alimentos deshidratados. Para quentala comida quéntase no forno, e un dispositivo inxecta auga nos paquetes de comida deshidratada. Os sándwichs son de tortilla de fariña xa que o pan corrente se desmigalla con demasiada facilidade.
Opinión persoal:
Gustoume facer este post, xa que aprendín muito traballando nel. Chamoume a atención por exemplo, que os astronautas teñen que facer o seu testamento antes de viaxar por se algo saíse mal. Este é un detalle curioso á vez que escalofriante. Espero que vos gustase. Grazas.
Fontes:
http://www.portalplanetasedna.com.ar/espacio.htm
http://www.slideshare.net/arosdicom/cmo-se-vive-en-una-estacin-espacial
Este post foi elaborado por Marcos Pascual no curso 2011-12
Tags: Astronautas, Viaxe ao espazo