Os tremores da illa de El Hierro

Un suceso que tivo lugar recentemente foron os terremotos que se viviron na illa de El Hierro,un suceso que ven moi ben para enlazar neste tema, no que se tratan temas sobre o interior da terra, as súas partes, os procesos de formacións de volcáns e outros.

Aquí a miña explicación. Nestes momentos tras os case 10.000 terremotos que se rexistraron durante os últimos tres meses na illa de El Hierro  indican que xa hai un proceso eruptivo en marcha nun volcán submarino, a 1.000 metros baixo o mar, segundo explica a investigadora do Consello Superior de Investigacións Científica (CSIC). Sobre o mar na zona sur da illa, puidéronse ver múltiples peixes mortos flotando na superficie a uns poucos quilómetros da costa na zona onde se rexistraron os eventos sísmicos de baixa magnitude.

Estímase que o centro de emisión da erupción está situado entre 4 e 7 km do extremo Sur da illa de El Hierro. Dado que o tremor volcánico se rexistra máis intensamente na estación de La Restinga. O director da Rede Sísmica Nacional dixo que pode ser posible “o nacemento dun novo volcán” na zona onde se rexistran os tremores.

Non obstante, os volcáns adoitan ofrecen algunhas pistas que axudan aos vulcanólogos a prever unha posible erupción. Son só indicios que avisan da posibilidade de que o volcán “esperte”, pois as erupcións son fenómenos imprevisibles.

Dos case 8.000 terremotos rexistrados dende xullo, case cen concentráronse nos últimos días, segundo datos do Instituto Xeográfico Nacional.

O maior dos sismos alcanzou unha intensidade de 3,2 graos na escala Richter, segundo datos do Instituto Xeográfico Nacional (IXN) dos que dá conta no Cabido De El Hierro.

imagen

Enlaces:

Artigo do xornal EL MUNDO

Artigo da revista Muy Interesante

Páxina web Diario Siglo XXI

Este post foi elaborado por  Martín Andrés no curso 2011-12

 

Tags: