Adaptacións ao medio: unha forma de supervivencia

      A adaptación é o proceso evolutivo polo cal os organismos chegan a estar mellor capacitados para vivir nun ambiente determinado. Na actualidade no reino animal atopamos numerosas adaptacións fisiolóxicas co obxectivo de sobrevivir aos ambientes máis duros e hostís. Estes son algún exemplos de adaptacións:

-  Hibernación: A hibernación é un mecanismo protector mediante o cal certos animais que parecen durmir durante o inverno. Consiste nunha baixada brutal da frecuencia cardíaca a só un poucos latidos por minuto, o número de respiracións redúcese de forma similar e a temperatura interna cae de maneira excesiva, ata un punto en que a pel resulta fría ao tacto de forma que o animal pode parecer totalmente morto. Noutros organismos de pequeno tamaño (como a xoaniña), precisase evitar a conxelación. Para isto o organismo segrega fluídos a modo de anticonxelante.

Oso polar

-  Profundidades abismais: Nestas profundidades as adaptacións a elevadas presións e a escuridade total desembocou na existencia de estranos peixes con ollos enormes, desenrolados para capta-la pouca luminosidade, e incluso producila. Bocas esaxeradamente grandes que axudan a captar calquera alimento sen importa-lo seu tamaño e potentes velenos que actúan en poucos segundos.

Bicho de las profundidades      Pez das profundidades

-  Mimetismo:  Defínese como a capacidade de camuflaxe que teñen algúns seres vivos para pasar despercibidos, ou ben trocando a coloración do seu corpo, ou ben imitando o aspecto dalgúns obxectos inanimados do entorno. Existen tres tipos de mimetismo:

- O protector, é o camuflaxe empregada por animais incapaces de defenderse de outra maneira. É o caso so insecto pau, das rás, dos linguados, dalgunhas lagartigas etc.

- O agresivo, contrariamente, serve a outros organismos para poder sorprender e atacar ás súas presas. Dase por exemplo en felinos silvestres, que aproveitan a cor da pel e os seus debuxos no pelo para pasar desapercibidos no seu ecosistema. Outros animais cazadores como os camaleóns ou os pobos trocan de cor co mesmo fin.

Iguana

- O último tipo é o chamado “batesiano” que se da cando unha posible presa, polo xeral inofensiva, adopta o aspecto doutra especie venenosa ou perigosa para o seu depredador. Un exemplo dito é o das bolboretas que ao ser atacadas abrea as ás mostrando un debuxo similar aos ollos dun moucho.

Bolboreta

E aqui remato o meu post. Gustoume moito facelo xa que aprendín cousas moi interesantes de moitos animais que non sabía, e que axudan a comprender mellor a sabiduría da nai natureza e da grandeza da evolución

Fontes:

http://www.kalipedia.com/ciencias-vida/tema/algunas-adaptaciones-animales.html?x1=20070417klpcnavid_327.Kes

http://www.cienciapopular.com/n/Biologia_y_Fosiles/Adaptaciones_Evolutivas/Adaptaciones_Evolutivas.php

Google imaxes

Este post foi elaborado por  Marcos Pascual no curso 2011-12        

 

Tags: ,