Europa, unha lúa de auga

Superficie Europa

Europa é un satélite de Xúpiter,  ten un tamaño similar ao da nosa Lúa, un pouco máis pequeno, de 1569 km de radio. Xira arredor de Xúìter en 3,5 días terrestres, mostrando sempre a mesma cara hacia o planeta, como fai a nosa Lúa. Pero faina particular a posibilidade de albergar vida.

A sua superficie está xeada, pero creese que ata o núcleo rochoso hay uns 100km de auga, da cal a superficie se atopa xeada irregularmente, en zonas 10km e noutras ata 30km de xeo. De ser así, contería máis auga có noso planeta, e como se atopa en estado líquido é moito mais probable a existencia de algun tipo de vida.

imagen

A sonda Galileo, a que proporcionou todos estes datos, detectou un lixeiro campo magnético nesta lúa, producido pola interacción da gravidade de Xúpiter, o que nos fai pensar que o océano que cubre a  lúa sexa salgado, porque é lixeiramente conductor.

Este océano móvese grazas a interacción con Xúpiter, o que permite mantelo líquido, e ademais “deforma” a superficie da lúa, porque ten lugar un fenómeno similar ao que provoca as mareas na Terra. Isto fai que a presión baixo a capa de xeo aumente o que provoca rupturas na capa de xeo, que se enchen de auga e que volve solidificarse de novo, pois a superficie de Europa esta a -163ºC no ecuador e a 223ºC nos polos. Isto explica o característico aspecto que ten, aínda que se cree que a cor avermellada é pola existencia de algun sulfato ou compostos do ferro.

Aínda que nas imaxes de Galileo non se mostran volcáns de xeo ou géisers activos, si que se atoparon linguas e ríos de xeo, que poden ser, ademais do escaso relevo dunhas cordelleiras de apenas uns centos de metros, restos de volcans ou géisers.

En Encélado, unha lúa de saturno, moi similar, ocorre algo semellante, e descubriuse un géiser  que emite vapor de auga a mais de 30km de altura (hay que ter en conta que a gravidade de Encélado e de 0,11 m/s2  o que permite que esta auga case non sexa retida).

O telescopio Hubble detectou en Europa unha ténue atmosfera de osíxeno, pero a diferencia do osíxeno terrestre, non é de orixe biolóxico, senon que probablemente se formou polo vapor de auga emitido a superficie por antigos géisers, que chocan coas articulas cargadas e a luz solar, o que rompe a molécula de auga, deixando escapar o hidróxeno, mais lixeiro, e retendo o osíxeno, de peso atómico 16 veces maior.

Estas singularidades danlle moito que pensar, e preguntámonos se poderían aparecer moléculas orgánicas e con elas, vida.

Fontes: solarviews.es  wikipedia.es

Este post foi elaborado por Ivan Gandara no curso 2011-12  

 

Tags: , , ,