A atmosfera de Xúpiter

A atmosfera de Xúpiter é a atmosfera planetaria de maior tamaño en todo o Sistema Solar. Está composta principalmente por Hidróxeno molecular e Helio nunha proporción comparable coa dunha estrela; tamén se atopan presentes outros elementos químicos, aínda que en pequenas medidas, tales como o metano, amoníaco, acedo sulfhídrico e auga. Aínda que a presenza deste último composto non se puido observar en forma directa, crese que reside nas capas máis profundas da atmosfera. A abundancia de Osíxeno, Nitróxeno, Xofre e gases nobres na atmosfera de Xúpiter supera os valores atopados nas estrelas nunha proporción próxima ao 3:1.

A atmosfera de Xúpiter clasifícase en catro capas, en altitude crecente: a troposfera, a estratosfera, a termosfera e a exosfera. A diferenza da atmosfera terrestre, Xúpiter carece dunha mesosfera. Xúpiter non posúe unha superficie sólida e a capa atmosférica máis baixa, a troposfera, dá paso ao interior líquido do planeta; isto ocorre como consecuencia de que as temperaturas e presións superan amplamente a aquelas correspondentes aos puntos críticos do Hidróxeno e o Helio, o que resulta na ausencia dun límite marcado entre os estadios de gas e líquido.

Isto todo sábese grazas á nave Cassini que o 30 de decembro do 2000 chegou ao punto no que estaría mas cerca a Xúpiter. La nave obtivo 26.000 imaxes e aportou información de ondas, movemento de nubes e aneis do xigantesco planeta. Os resultados da investigación déronse en marzo de 2003.

Cassini                                             Xúpiter

imagen               imagen

Fontes de información: wikipedia

Este post foi elaborado por Javier Martínez no curso 2011-12  

 

Tags: