Vivir menos… vivir peor !!

 Senegal é coñecido, entre outras cousas, polo colorido dos seus barcos de pesca

Este nenos recollen metais entre o lixo, nunha praia de Saint-Louis, no norte de Senegal, unha das cidades máis fermosas e turísticas do país.

AFRIC_09__296__1.jpg

Nos barrios de Saint-Louis  Guent N´Dar e N´Dar Tout, viven os pescadores da etnia lebu, hacinados nun reducido espacio (20 000 habitantes en 0′3 km2 ). Non teñen alcantarillado, nen auga corrente, e fan as súas necesidades na mesma praia na que descansan as barcas despois dun día de traballo…, na mesma, na que as mulleres poñen a secar o peixe que non se vendeu en fresco.

Esta podía ser a única imaxe que moitos temos dun país en vías de desenvolvemento, pero Senegal é un país rico con moitas posibilidades de mellora se non repite os erros cometidos por tantos outros.

Quedan moitas cousas por facer, ante a falta de un sistema sanitario público e eficaz, algúns senegaleses empezan a buscar solucións propias: como os os sistemas comunitarios de saúde.

 imagen imagen

imagen    imagen

Este pode ser o inicio da vosa reflexion: como o desenvolvemento dun país pode influir na saúde dos seus habitantes…

As fontes de información son: un enlace a educared con información básica de Senegal, e outro a un artigo publicado pola revista Samudra e elaborado a partir dun informe de Dao Gaye, un pescador de Senegal que preside o Consello Nacional Interprofesional da Pesca Artesanal (CONIPAS) no seu país. O informe fala das “Condicións de saúde e de traballo na pesca artesanal en Senegal”. Por último hai un enlace a unha páxina de novas cafebabel falando dos sistemas comunitarios de saúde.

 

Tags: , ,