O Dodo (Raphus cucullatus)

O Raphus cucullatus, ou normalmente chamado polo nome de “Dodo” fai referencia a unha especie que viviu fai centos de anos. É unha especie xa extinguida dende o ano 1690 (aproximadamente), e a súa aparición esta recollida contorna ao ano 1600. Esta ave pertencía á especie dos columbiformes xa que descendían das pombas, pero esta especie perdeu a capacidade de voar. A perdida desta actividade estivo relacionada á pouca existencia de carnívoros nas Illas Mauricio (Principal localización xeográfica deste animal) polo que desenvocou en atrofiar as ás e conseguir que gañasen moita mais musculatura nas patas e se fixeran mais grandes ata tal punto de desproporción morfolóxica.

Estas aves alimentábanse de todos os froitos que caian dende as arbores, xa que lles resultaba moi difícil acceder ás cimas dos arbores. A maior parte das súas funcións vitais realizábaas no chan, tal como os seus ovos criábaos en niños no terreo; Que aniñasen no chan foi o que levou mais ao extremo a seu desaparición cando os homes invadiron as illas Mauricio e comían a súa carne e os seus ovos, por último coa aparición de cans, porcos e demais mamíferos inseridos polas persoas, os Dodos acabaron extinguíndose.

imagen

O Dodo aínda que foi nomeado como o paxaro “bobo” é moi recoñecible por moitos de nós debido á aparición deste animal en películas como “Alicia no pais das marabillas” ou ata nunha escena de “Ice Age” (Na primeira das tres partes). Famosas escritoras como J.K. Rowling, creadora da exitosa e famosa novela Harry Potter (da cal se han feito 7 partes moi populares) e novela que fascinou a millóns de lectores, nun libro chamado “Animais fantásticos e onde atopalos” esta escritora asegurou que pode teletransportarse dunha forma peculiar; Se isto fose real nos faría considerar se a catalogación de animal extinguido é certa ou non xa que ó mellor non esta extinguida soamente non sabemos con exactitude o seu paradoiro. O escudo das illas Mauricio no seu lado dereito posúe un Dodo (Símbolo xeral destas illas)
Aquí deixo o enlace para a parte da película de “Ice Age” onde aparecen estes fantásticos animais: Dodos de Ice Age.

Na miña opinión é unha especie moi coñecida por debuxos animados ou polo que sexa pero estou seguro de que case todos coñeceran este animal e non me parece que sexa tan “bobo” como os arqueólogos dicían.

Fontes: Wikipedia y Conciencia Animal

Este post foi elaborado por Francisco Da Pena no curso 2011-12 

 

Tags: ,