O Paxaro Dodo (Raphus cucullatus)
O Dodo foi unha lendaria ave da familia das pombas, do tamaño dun pavo, que habitaba na illa de Mauricio, que se atopa ao leste de Madagascar. Este paxaro tiña a particularidade de camiñar no canto de voar.
Os descubridores portugueses chamaron “dodo” (<<estúpido>> na fala coloquial portuguesa) á ave pola súa torpeza e a facilidade con que podía ser cazada (o Dodo evolucionou sen ningún contacto con seres humanos, polo que non os vía como unha ameaza).
Nos anos seguintes matáronse moitos deles, recolléronse e destruíron moitos ovos dos seus niños e os poucos que quedaban acabaron morrendo polos gatos, porcos e ratas introducidos polo home que depredaban os seus ovos e os seus pitos e pola destrución dos seus hábitats polos incendios. Extinguíronse en 1681.
Actualmente só quedan dúas cabezas de Paxaro Dodo e dúas patas repartidas en varios museos europeos deste paxaro.
Creo que o home sempre se arranxa para destruír todo o que atopa, é unha pena que esta especie se extinguise.
Enlace:wikipedia
Foto:google
Este post foi elaborado por Roberto Morgado no curso 2011-12
Tags: animais, Extincións