O hipo

Os ataques de hipo son contraccións repetidas, espasmódicas e involuntarias do diafragma que provocan una inspiración súbita seguida da contracción das cordas vocais, o que pecha o paso do aire que entrou e orixina un son característico. Os ataques curtos soen deberse a causas moi triviais (ataques de tos ou de risa, comer ou beber demasiado rápido, etc ).

Hipo-1Hipo_2

Normalmente os ataques de hipo pasan sós. Nos casos moi frecuentes e de larga duración, o médico pode receitar sedantes para amortiguar os ataques ó realizar probas que determinen a verdadeira causa do hipo. En casos realmente extremos pódese recorrer á cirurxía para corta-lo nervio frénico. Sen embargo, o normal é recorrer a remedios caseiros para elimina-lo ataque:

Hipo_3

- Conter a respiración e contar ata 10

- Respirar o aire dentro dunha bolsa de papel

- Beber un vaso de auga a pequenos sorbos, contendo a respiración

- Tirar suavemente da lingua

Aqui remato o meu post. Espero que o atopásedes interesante. A información sobre este tema é un pouco limitada e complexa, así que perdoade se o vedes así. Grazas por leelo.

Fontes:

20 minutos.es 

Diccionario médico

hola.com

Imaxes: Sacadas da páxina anterior (20 minutos) e traducidas

Este post foi elaborado por  Marcos Pascual no curso 2011-12        

 

Tags: