Por que choramos?
Derramar lágrimas é un comportamento exclusivo do ser humano. Pero porque choramos? Segundo as explicacións dos científicos chorar podría axudar a eliminar substancias químicas estresantes do corpo, o que explicaría o seu “efecto relaxante”. Pero Oren Hasson biólogo evolutivo da Universidade de Tel Aviv ten unha teoría diferente, segundo propone no último número da revista Evolutionary Psychology, ao nublarse a vista “as bágoas déixannos indefensos e funcionan como un sinal de submisión”. Isto inhibe os comportamentos agresivos e, posto que o pranto transmite vulnerabilidade , convértese en “unha estratexia que pode achegarnos emocionalmente aos outros “. Noutras palabras, Hasson sostén que as bágoas poden axudar a construir e fortalecer relacións persoais. E se varias persoas choran simultaneamente, os vínculos refózanse aínda máis.
“A eficacia deste comportamento evolutivo depende de quen está xunto a nós cando choramos, e probablemente non é efectiva en sitios como o traballo, onde se nos esixe esconder as emocións”
Penso que chorar é algo humano, e moitas veces axúdanos a sentirnos mellor con nós mesmos.
Fontes: losarchivosdelatierra
Imaxes google: chorar
Este post foi elaborado por Roberto Morgado no curso 2011-12
Tags: corpo humano, lágrimas