Os xenéricos.

Un medicamento xenérico é fabricado cos mesmos ingredientes activos, e está dispoñible coa mesma potencia e dosificación, que o seu equivalente de marca. Os medicamentos xenéricos producen os mesmos efectos no corpo que medicamentos de marca; xa que ambos os dous conteñen o mesmo principio activo.

imagen

 Un medicamento xenérico pode ser elaborado unha vez vencida a patente do medicamento de marca, sempre que reúna todas as condicións de calidade e bioequivalencia. A principal vantaxe dun medicamento xenérico, fronte a un medicamento de marca, é o menor custo; xa que o xenérico non require investimento en investigación, desenvolvemento e promoción. A continuación podemos observar algunhas preguntas que se nos poden vir a cabeza á hora de mercar un medicamento.

-¿Como poden recoñecerse os medicamentos xenéricos? Os medicamentos xenéricos recoñécense por ter no seu envase a Denominación Oficial Española (DOE) ou, no seu defecto, pola Denominación Común Internacional (DCI), seguida do nome ou marca do titular ou fabricante e as siglas EFG (Especialidade Farmacéutica Xenérica).

-¿Que ventaxes aportan os xenéricos? Os xenéricos supoñen un aforro importante sobre os medicamentos orixinais de marca. É un beneficio directo para o cidadán ao pagar menos polo fármaco e contribúen a racionalizar o gasto público en medicamentos, sen que por iso baixe a calidade e a eficacia do xenérico.

Fontes de Información:

AESEG.

Saludalia.

Wikipedia.

Este post foi elaborado por  Martín Andrés no curso 2011-12

 

Tags: ,