A Dieta Mediterránea.
- QUÉ É?
A dieta mediterránea é a forma de alimentación que, dende hai varios séculos, manteñen os pobos da ribeira do mar Mediterráneo.
A dieta mediterránea foise forxando ao longo do tempo, e é froito da influencia que nos deixaron todos os pobos que pasaron por este país: iberos, celtas, gregos, romanos, bárbaros e árabes. Gregos e romanos sentaron as bases do que actualmente coñecemos como dieta mediterránea coa “trioloxía mediterránea”; pan, aceite e viño, presentes dende sempre na nosa cultura.
- ESTAS SON ALGUNHAS DAS SÚAS CARACTERÍSTICAS:
- Abundancia de alimentos de orixe vexetal: froitas, verduras, pan, pasta, arroz, cereais, legumes e patacas.
- Consumir alimentos de tempada no seu estado natural, escollendo sempre os máis frescos.
- Utilizar o aceite de oliva como graxa principal, tantopara fretir como para aderezar.
- Consumir diariamente unha cantidade moderada de queixo e iogur.
- Consumir semanalmente unha cantidade moderada de peixe, preferentemente azul, aves e ovos.
- Consumir froitos secos, mel e olivas con moderación.
- A carne vermella algunhas veces ao mes.
- Consumir viño con moderación normalmente durante as comidas e preferentemente tinto.
- Utilizar herbas aromáticas como unha alternativa saudable ao sal.
- Realizar algunha actividade física regular para facer traballar ao corazón e manter en forma nosas articulacións e o noso ton físico.
- BENEFICIOS DA DIETA MEDITERRÁNEA:
As propiedades saudables que se lle atribúen baséanse na constatación de que nos países mediterráneos se consume máis graxa que nos Estados Unidos, a incidencia de enfermidades cardiovasculares é moito menor. Parece ser que a dieta mediterránea está asociado cun menor risco de deterioración cognitiva leve durante o envellecemento.
- FONTES DE INFORMACIÓN:
Sabormediterráneo e Saludalia, contidos e imaxe.
Este post foi elaborado por Brian Villar no curso 2011-12
Tags: alimentación, Dieta mediterránea, Saúde