Lamarck VS Darwin
Lamarck e Darwin foron ambos evolucionistas pero diferiron nalgúns conceptos:
LAMARCK: Foi o primeiro en establecer unha teoría evolucionista. As súas ideas poden resumirse en:
- Nos organismos existe un impulso interno que os leva a buscar unha perfeción.
- Os cambios no ambiente provocan novas necesidades nos organismos.
-Desta maneira, os organismos vense obrigados a utilizar máis certos órganos ou deixar de facelo. Por este uso ou desuso, prodúcese a formación, desenvolvemento, debilitación ou atrofia e desaparición destes órganos, o que causa alteracións ou cambios na constitución dos organismos.
-Estes cambios, adquisicions ou pérdidas, son herdables.
O exemplo da evolución das xirafas
1. Ante a falta de follas, as xirafas que non chegan ás zonas máis altas (onde se atopa o alimento) estiran o pescozo e as patas para poder alcanzalas.
2. Así, co uso destes órganos, aparecen estes alongamentos, que son herdados de xeración en xeración.
DARWIN:Mellorou a teoría lamarckista,defendendo a teoría da evolución por selección natural, onde se establecía que:
-Existen pequenas diferentas ou variacións entre os INDIVIDUOS DUNHA MESMA ESPECIE.*Exemplos: tamaño, cor, habilidades para cazar… A maioría son herdables.
-Establécese unha loita pola supervivencia, coitando polos escasos recursos do medio.
- Algunhas variacións teñen máis éxito ca outras. Os individuos que logren sobrevivir porque posúen algunhas variacións favorables deixarán máis descendentes ca os que teñen variacións menos favorables.
-A especie cambia. Se as condicións ambientais se manteñen, as variación favorables irán sendo máis abundantes cada xeración e as menos favorables irán desaparecendo.De forma continua e gradual a especie cambia.
O exemplo das xirafas explicado dende a perspectiva de Darwin:
1. Ante a falta de follas, as xirafas máis altas, cun pescozo máis longo, sobrevivirían; e as máis pequenas, ao non alcanzar as zonas máis altas(onde se atopa o alimento) morrerían.
2. Deste xeito acabarán por predominar as xirafas de pescozo e patas longas, xa que ao ser as únicas que sobreviven, serán as que deixarán descendencia, a caa herdará estes caractereres.
As miñas fontes de información foron:
A foto saqueina de:
http://biologiamedica.blogspot.com/
Este post foi elaborado por Margarita Bernardez no curso 2011-12