O efecto “placebo”.

imagen

O efecto placebo é a capacidade curativa dun axente terapéutico que non produce ningún efecto farmacolóxico. Isto é, un proceso psíquico-fisiolóxico no que os síntomas do paciente melloran cando se lle está dando un tratamento que non ten propiedades curativas sobre a enfermidade que causa os síntomas. O paciente ao crer que é un bo medicamento, mellora, aínda que sexa só unha substancia inocua, como un caramelo de menta.

Crese que a mellora no paciente é o resultado da activación do núcleo accubens, unha rexión do cerebro asignada á experimentar beneficio e recompensa, que cando se activa segrega unha hormona, a dopamina, provocando alivio á dor.

O placebo utilízase nos ensaios clínicos xunto con fármacos, o grupo de persoas que se vai tratar co fármaco divídese en dous, e a unha metade adminístraselle o fármaco e a outra o placebo. Se o fármaco resulta efectivo deberanse apreciar diferencias significativas con respecto ao grupo do placebo.

En psicoloxía, o placebo tamén se aplica a pacientes con déficit mental, é dicir, se estes melloran notablemente cun placebo, quere dicir que os síntomas da enfermidade estaban provocados pola mente.

Tamén existe o efecto nocebo, do cal se podería dicir que é o contrario ao efecto placebo. Empeoramento dos síntomas dunha enfermidade por ter o presentimento de que a terapia coa que se esta a tratar non é efectiva ou prexudicial.

Fontes: Tendencias21.net , Wikipedia.es

Este post foi elaborado por Ivan Gandara no curso 2011-12 

 

Tags: ,