Proba da anatomía comparada.

Distintas especies presentan partes do seu organismo constituídas baixo un mesmo esquema estrutural, apoiando unha homoloxía entre órganos ou similitude de parentesco, e polo tanto dunha orixe e desenvolvemento común durante un período de tempo.

Os órganos que desempeñan a mesma función, pero teñen unha constitución anatómica diferente chámanse ÓRGANOS ANÁLOGOS, como a á dun insecto e a á dunha ave que xa vimos, e representan un fenómeno chamado CONVERXENCIA ADAPTATIVA, polo cal os seres vivos repiten fórmulas e deseños que tiveron éxito.

 imagen

Se os órganos desempeñan funcións distintas pero teñen a mesma anatomía interna chámanse ÓRGANOS HOMÓLOGOS, como son a á dunha ave ou a aleta do delfín, e representan a DIVERXENCIA ADAPTATIVA, pola cal os seres vivos modelan os seus órganos segundo o seu modo de vida, ou o ambiente no que están, etc.

imagen

 A información saqueina de: xuletas.es e antropomorfo

Este post foi elaborado por  Nerea Lemos no curso 2011-12        

 

Tags: ,