Críticas á clonación

A clonación plantea serios problemas na sociedad e sobre todo no mundo da ciencia, donde destacables partidarios dunha e outra postura se enfrentan en discusións e planteamentos diferentes. Neste campo da ciencia, a clonación, poden producirse delitos tales como clonar persoas sen conocemento e consentimento delas. Ademais existen riscos de transmisión de enfermidades ó home máis alá da barreira da especie. Debemos aceptar que a clonación otorga ventaxas tales como a posibilidade de producir soamente órganos para salvar a vida dun ser humano que requira do dito órgano para sobrevivir, ou a propagación de especies en extinción para manter o equilibrio ecolóxico do planeta, así como a posibilidade de permitir a unha muller estéril ter un fillo dela mesma utilizando calquer célula do seu organismo. Pero non debemos olvidar que a clonación leva consigo a discriminación social.

Estase mellorando xenéticamente ó ser humano, dándolle ventaxas de superioridade antes de nacer. Pero, Quen pode dicir que estes individuos clonados deban esforzarse, superarse e loitar por unha meta? Isto sería o que fai ao ser humano “mellor”. Quen pode afirmar que eses individuos non son como animales domesticados cunha vida predeterminada de anteman?

Unha gran problemática é a dignidade como persoas, as persoas clonadas son copias doutras persoas. Así négase a este individuo a posibilidade de desenvolverse como ser individual, olvídanse os seus dereitos e viólase a súa integridade. Non se pode olvidar que as persoas clonadas son persoas con mente e alma propia. Se vísemos a clonación humana como técnica para salvar ó home estaríamos aceptando o asasinato como medio de dar vida, o cal é inaceptable ou polo menos inxustificable.

 clonación humana

 A imaxe saqueina de:

http://clonacion

A miña fonte de información foi:

http://Universidad de Navarra

Este post foi elaborado por  Marcos Pascual no curso 2011-12        

 

Tags: ,