A gota fría e os tornados

Aquí vos presento dous dos fenómenos climáticos que poden chegar a causar graves danos no noso entorno e en nós mesmos se non tomamos as precaucións pertinentes en caso de perigo.

 GOTA FRÍA

Definición

O termo”gota fría” fai referencia a chubascos e tormentas moi violentas pero de curta duración, que afectan normalmente a unha zona pouco extensa. Prodúcense en rexións da zona temperada, sendo frecuentes nas zonas costeiras do Mediterráneo, sobre todo nos meses de septembro e outubro. Provocan empeoramentos case repentinos do tempo, con baixadas da temperatura, aínda en pleno verán, chuvias copiosas e, se é inverno, chuvascos de neve intensos.

 imagen

 Como se forma

                    A súa formación acontece cando coinciden: mar quente, atmófera inestable na superficie e aire frío en altura. Aquí vos deixo un enlace onde podedes ver unha simulación: http://www.juntadeandalucia.es/

 Danos

Prodúcese a erosión do solo, sobre todo cando o terreo é unha pendente con escasa vexetación, así a auga corre máis depresa arrastrando con forza o solo. Ademáis, se esta ladeira termina nun val pode formarse unha gran riada que arrastra con forza todo o que atopa. É importante manter os bosques e a cuberta vexetal do terreo para previr os danos que os fenómenos climatolóxicos producen.

TORNADO

 Definición
É una violenta borrasca local, impredecible, que orixina ventos moi intensos e produce trebóns intensos acompañados de grande aparato eléctrico.

imagen

 Como se forma

Aquí tedes unha animación onde se explica o proceso: http://www.elmundo.es/

Danos

Arranca árbores de raiz, transporta grandes obxectos por longas distancias, destrúe casas, e sembra a desolación en solo uns minutos. Debido á enorme depresión que acompaña ó torbellino, o tornado ó pasar por unha casa, pode levantar o teito e facer estalar las paredes polo efecto da presión interior.

Podedes botarlle un vistazo a este vídeo da National Geographic.Trátase dun programa que reconstrúe un tornado para averiguar como se forman estes fenómenos e como desenrolan uns ventos tan feroces:

 

 As miñas fontes foron:

http://www.tecnun.es

http://jpsketchbook.blogspot.com.es

http://jornalvivabrasil.com.br/

libro de CCMC de 1ºde Bach

Este post foi elaborado por Margarita Bernardez no curso 2011-12        

 

Tags: , ,