Grandes debates: Cumios da Terra

En 1992 reuníronse en Río de Xaneiro distintos Xefes de Estado para deliberar sobre a degradación do medio ambiente que, dende o decenio de 1960, cobrara cada vez maior importancia para a comunidade internacional. A Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e o Desenrolo (CNUMAD) foi celebrada como seguimento despois de 20 anos da primeira reunión mundial sobre o medio ambiente, celebrada en Estocolmo en 1972.Este vídeo é do cumio de Río, é unha rapaza de só doce anos que sen dúbida deu un dos mellores discursos dese Cumio e que silenciou o mundo durante 6,32 minutos, merece a pena ver e ler o que di:


Nesta reunión a nivel mundial aprobáronse diversos documentos, estando de acordo máis de 178 países, os máis importantes foron:

  1. Programa 21: este é un plan de acción que ten como finalidade metas ambientais e de desenrolo no s.XXI.
  2. Declaración de río sobre o medio ambiente e o desenrolo: defínense os dereitos e deberes dos Estados.
  3. Declaración de principios sobre os bosques.
  4. Convencións sobre O Cambio Climático, a Diversidade Biolóxica e a Desertificación.

Cinco anos máis tarde (1997) celebrouse o Cumio para a Terra + 5, que tiña como principal obxectivo analizar a execución do Programa 21. Neste cumio obtivéronse diversos acordos que se plasmáron no documento final da sesión, entre eles destacan:

  1. Adoptar obxectivos xuridicamente vinculantes para reducir a emisión dos gases de efecto invernadoiro, os cales son causantes do cambio climático.
  2. Avanzar con máis vigor cara ás modalidades sostibles de produción, distribución e utilización da enerxía.
  3. Enfocarse na erradicación da pobreza como requisito previo do desenvolvemento sostible.

En 2002 tivo lugar en Johanesburgo o Cumio Mundial sobre o Desenrolo Sostible é un seguimento ao Programa 21 e polo tanto, levou como principal obxectivo a adopción de compromisos concretos con relación ao Programa 21 e o logro do desenrolo sostible. Podedes consultar información sobre este cumio aquí nesta páxina das Nacións Unidas de onde eu saquei a información e na que hai moitas cousas interesantes.

imagen

Credes que estes acordos están sendo cumplidos? Credes que os obxetivos que se marcan nestes cumios realmente se van a cumplir?

Eu non o sei pero espero que aínda que non se cumplan, se fagan os máximos esforzos posibles por parte de todos, empezando por nós mesmos.

  Esta entrada foi elaborada por Pedro Ojea no curso 2010-11

ACTUALIZACIÓN 2012

Hai moitas novas que se poden engadir a este post, como son o Cumio da Terra do 2012, previsto para xuño deste ano, tamén coñecido como Río+20; ademais da páxina oficial, crecen na rede webs de ONGs e asociacións de cidadáns con propostas propias como é o Portal Río+20 , ou propostas como “La carta de la Tierra”.

 

 

imagen

 Agora, podemos voltar a repetirnos as preguntas que Pedro nos presentaba no seu post do curso pasado. E vos que pensades?

 

Tags: , ,