Achús!
Seguro que todos vós preguntástesvos algunha vez por qué esbirramos. Pois a resposta é bastante máis complicada ca o simple feito de facelo.
O nariz é un purificador de aire do organismo. Ao entrar o aire por el, quéntase, humidifícase e fíltrase, para chegar aos pulmóns o máis cálido, húmido e limpo posible. Mais ás veces, este proceso non é suficiente e desencadéase o fenómeno do esbirro. Cando o aire está moi sucio, cando estamos resfriados ou cando temos unha reacción alérxica, esbirramos. Nestas circunstancias, as células nerviosas dos tecidos nasais envían impulsos ao talo encefálico, que é a zona do cerebro encargada de controlar os actos involuntarios; e éste reenvía os sinais aos músculos pectorais, aos abdominais e ao diafragma, que contraen ós pulmóns nun espasmo. Os músculos da farinxe tamén se contraen, evitando que o aire expulsado penetre na boca e facilitando que saia polo nariz. Grazas a este mecanismo de defensa do sistema respiratorio, o noso corpo expulsa as substancias perxudiciais para o noso organismo mediante aire a presión polas nosas fosas nasais.
Mais, aínda quedan máis cousas por dicir deste fenómeno, como que a velocidade do aire expulsado nun esbirro pode chegar a alcanzar os 160 km/h, ou que é case imposible esbirrar cos ollos abertos.
E non deberiamos esquecer tapar a boca cando esbirramos, para evitar o contaxio de bacterias. Saúde!
Bibliografía:
SaberCurioso.es : O esbirro.Blog personal de Toni Haro
PsicoActiva.com : O talo encefálico. Web privada dedicada á psicoloxía
Fotografía:
Google Imaxes Do blog personal Quefeossomos.
Entrada elaborada no curso 12-13 por Andrea Rubio Gómez
Tags: Curiosidades, Esbirro, Saúde