Sabemos como se creou o Universo?
Desde o inicio dos tempos, o home tentou buscarlle unha explicación o mundo que o rodea. Para isto estableceu unha serie de modelos o longo da historia.
O primeiro modelo é o xeocéntrico no que a Terra está no centro do universo e os planetas fan órbitas sobre un fondo de estrelas fixas. A razón pola cal se sitúa a Terra no centro do universo é a existencia da gravidade.
O modelo heliocéntrico tardou moitos anos en aceptarse. Neste, eran os planetas os que xiraban a redor do sol e non o revés.
Co paso do tempo esta teoría foise perfeccionando e deu lugar a teoría chamada Big Bang
Segundo esta, o orixe do Universo ten lugar nun momento definido do pasado de toda a materia e enerxía existente na actualidade. Esta teoría provén do descubrimento de que o Universo estase expandindo. A teoría da relatividade xeneral,proposta por Albert Einstein tamén predí esta expansión. Isto significa que no pasado estaban máis cerca, e polo tanto, chegase a conclusión de que todo saíu dun único punto matemático coñecido como Big Bang. O descubrimento da radiación de fondo cósmica foi considerada unha confirmación desta idea.
No Big Bang estaban concentradas a materia, a enerxía, o espazo e o tempo, polo que non había ningún lugar “fora”, nin ningún momento “antes” do Big Bang.
O empuxe da bola de fogo que saiu despedida cara afora foi tan violento que aínda que a gravidade frea a expansión das galaxias desde entón, o universo continúa extendéndose na actualidade. Este forza de expansión debeuse a división dunha única forza nas catro fundamentais: a gravitación, o electromagnetismo e as interaccións nucleares forte e débil.
Ó principio, electróns, protóns e os fotóns transformábanse uns noutros.A medida que o universo ía enfriando os fotóns e as partículas materiais xa non se intercambiaban, e o universo comezou a estabilizarse. Catorce segundos despois as condicións cambiaran tanto que permitiron os procesos de fusións que se producen nas estrelas e os protóns e os neutróns comezan a formar núcleos atómicos. Esta actividade continuou ata que o universo acadou a temperatura que existe hoxe en día na superficie do sol.
Con esas condicións, os núcleos capturaron electróns e formaron átomos. O universo fíxose transparente por primeira vez ao poder pasar os fotóns de radiación electromagnética xunto os átomos da materia sen ser alterados.
As teorías predín que no Big Bang tamén se debeu producir a partir de enerxía unha gran cantidade de materia doutro tipo, denominada materia escura. Esta materia só afecta na gravidade. Grazas a materia escura, creáronse “baches gravitatorios” que frearon o movemento das partículas da materia, facendo posible a formación de estrelas, galaxias e cúmulos de galaxias e explica a súa distribución no universo.
Está claro que hoxe en día apenas rozamos a corteza do universo, pero estou seguro de que algún día conseguiremos explicar por que estamos aquí.
Bibliografía:
Astronomía (diccionario astronómico)
AstroMía (Información bibliográfica de grandes astrónomos e información sobre o universo)
Astroverada (Explorar el universo)
Junta de Castilla y León (explicaciónes sencillas sobre agujeros negros y otros relacionados con el universo)
elUniverso (noticias sobre el cosmos)
Entrada elaborada no curso 12-13 por David Piñeiro López