A contaminación lumínica.

Antes de poder falar de descubrimentos tales como as veas ou as lámpadas, cumpre saber que a luz leva presente na natureza dende hai millóns de anos, mediante a luz solar ou a bioluminescencia.

A historia da luz dende o punto de vista humano xorde co descubrimento do lume, que deu ás persoas un moi relativo control da luz. Este achado evolucionou ata dar lugar a queimadores de aceite na Idade Media, as candeas no Antigo Exipto e as lámpadas de gas do século XIX, que permitiron un maior control sobre este fenómeno. Ainda así, a maior revolución ocorreu en 1879, cuando Thomas Alva Edison, empresario e inventor estadounidense, perfeccionou e patentou a lámpada incandescente, coa que a luz chegou por fin a todos os fogares dun xeito constante e seguro.

A popularización do uso destas lámpadas supuxo a creación de tendidos que permitiron a chegada de enerxía eléctrica de xeito regular e continuado. A necesidade dunha maior cantidade de enerxía impulsou o uso de combustibles fósiles coma o carbón, feito que, por outra banda, deu pé a  unha serie de melloras relacionadas coas  técnicas utilizadas na súa extracción, nos transaportes, etc.

Na actualidade, existe un grave problema relacionado con este marabilloso invento: a contaminación lumínica.

imagen

A contaminación lumínica pode definirse coma o resplandor da luz no ceo nocturno. Prodúcese principalmente polo uso de lámpadas inadecuadas, un exceso de iluminación e/ou un mal apantallamento das farolas.

A luz artificial pode chegar ata o ceo de tres xeitos: directamente, dende a propia fonte de luz; por reflexión nas superficies iluminadas ou por refracción nas partículas do aire.

O impacto que causa non se pode eliminar por completo pero si reducirse evitando un exceso de iluminación.

Se ben o alumeado público é unha importante fonte de contaminación, é mester ter en conta que non é a única: a mala iluminación dos fogares, comercios, etc., o abuso de carteis luminosos, e en xeral, o uso irresponsábel da luz son fontes cotiáns de contaminación.

O impacto medioambiental  de seguro  que é moito maior do que tal vez te imaxinas, xa que provoca,  por exemplo, inseguridade vial ao pasar dunha estrada moi iluminada a outra cunha iluminación escasa. Isto débese a que o ollo humano tarda varios minutos en afacerse por completo ás variacións bruscas de luz. Por outra banda, o exceso de iluminación supón un gran dispendio enerxético, ao iluminar máis do que se necesita.

Este tipo de contaminación tamén afecta á biodiversidade. A actividade biolóxica do día é mínima comparada coa que podemos atopar dende o solpor. Os insectos son un claro exemplo desta vida nocturna. O problema principal da contaminación lumínica nos procesos biolóxicos é que os distorsiona, modificando o hábitat  e os costumes da fauna e da flora. Unha mostra  desta distorsión atopámola nos morcegos, que xa non se poden agochar nas sombras para atacar á súa presa.

Así que, como ben dixo o filósofo e escritor Victor Hugo:

“Primeiro, foi preciso civilizar ao home na súa relación co home. Agora, é preciso civilizar ao home na súa relación coa natureza e os animais”.

Fontes de información

http://www.ecologiaverde.com/tag/contaminacion-luminica/

http://www.concienciaeco.com/2010/10/25/la-problemtica-de-la-contaminacin-lumnica-en-la-conservacin-de-la-biodiversidad/

http://www.concienciaeco.com/2010/10/22/que-es-la-contaminacion-luminica/

http://www.astrogranada.org/cieloscuro/principal_cielo_oscuro.htm

Entrada elaborada no curso 12-13 por Eva Villar García

 

Tags: , , ,