A capa de ozono

A capa de ozono é unha protección fina e gasosa (ozono), atópase entre os 19 e 23 quilómetros sobre a superficie da terra. A vida é posible na Terra grazas a esa capa que a protexe dos perigosos raios do sol. O ozono é un gas tan escaso que, se nun momento se separara do resto do aire e se viñera a ras de terra, mediría soamente 3mm de altura; ao ser un compoñente minoritario non chega a representar nin o 0,001% do volume total de aire.

imagen

Na superficie da terra, o ozono resulta prexudicial para a vida, pero na estratosfera, forma unha verdadeira capa protectora dos raios UV-B, xa que actúa como unha pantalla que filtra ditos raios; polo que ésta é, induvidabelmente sùa función específica na estratosfera, que é onde se atopa en estado natural e é alí onde absorbe as perigosas radiacións ultravioletas provenintes do sol, mentras que deixa pasar a luz visible para soportar a produción das plantas que forman a base das cadenas alimenticias.

Causas da diminuición da capa de ozono

Xa que esa capa de gases é tan importante para a vida na terra os científicos preocupáronse ao descubrir en 1970, que certos produtos químicos chamados clorofluorocarbonos, ou CFC (compostos do flúor), usados durante largo tempo como refrixerantes e como propelentes nos aerosois, representaban unha posible ameaza para a capa de ozono. Ao ser liberados na atmosfera, estes productos químicos, que conteñen cloro, ascenden e descompoñense por acción da luz solar, tras o cal o cloro reacciona coas moléculas de ozono e as destrúe. Por ese motivo, o uso de CFC nos aerosois prohibiuse en moitos países. Outros produtos químicos, como os halocarbonos de bromo, e os óxidos nitrosos dos fertilizantes, son tamén nocivos para a capa de ozono.

 

imagen

 Consecuencias do buraco na capa de ozono

O efecto da diminución do ozono sobre a Terra é o aumento dos niveis de radiación ultravioleta-B. Este tipo de radiación UV-B dana ós seres humanos, animais e plantas. Os incrementos desta radiación foron observados non só baixo o burato da capa de ozono na Antártida se non que noutros lugares como os Alpes (Europa) e Canadá (América do Norte).

Existen numerosos problemas relacionadas directamente cos efectos da diminución da capa de ozono:

 Se esta radiación alcanzan a superficie terrestres en pasar polo filtro de ozono, provocarían entre outros efectos dañinos, a destrución  do fitoplancto, base de todas as cadeas alimentarias do océano, polo que perigarían todos os organismos mariños; no home, a radiación ultravioleta causarían un debilitamiento xeneral del sistema inmunolóxico, importantes danos na vista, e un aumento de casos de cáncer de pel.

imagen

Ultimamente estase reducindo o buraco da capa de ozono demostrando que os esforzos internacionais, encamiñados á preservación da capa de ozono, están dando resultados ao evitar a emisión anual de 80 xigatoneladas de dióxido de carbono (CO2) desde que se firmou o Protocolo de Montreal en 1987. Reduciuse especialmente durante os últimos cinco anos. O Instituto nacional da auga e Investigación Atmosférica afirma que podería estar completamente pechado ao redor de 2080. O Protocolo de Montreal, asinado na actualidade por máis de 190 países de todo o mundo, prohíbe o consumo e fabricación dos clorofluorocarbonos (CFC), dado a que é o principal causante da destrución do ozono y que se foi eliminando paulatinamente.

Bibliografía:

Definición de capa de ozono (artigo do Instituto Nacional do Sur. Arxentina) .

Efectos do burato na capa de ozono (Tecnozono).

Noticias sobre o feito (Artigo de El País, decembro 2010).

Últimas noticias (El Informador)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Eduardo Enrique Leitao Rodríguez

 

Tags: , ,