Sentes a dor?

Podemos dicir sen temor a equivocarnos que o descubrimento da Anestesia Quirúrxica foi o máis espectacular e trascendental na historia da medicina no século XIX, coa famosa demostración do  Dr. William Thomas Morton, o 16 de Outubro de 1846, no anfiteatro auditorio do Mass General Hospital de Boston, da escola de medicina de Harvard.
O primeiro e máis utilizado método era o subministro de viño e outras bebidas alcohólicas e incluso os chinos, mezclábano con canabbis.
Nos seus comezos foi aplicado por un obstetra escocés, James Young Simpson, provocando unha gran polémica en Gran Bretaña sobre se o alivio das dores de parto non contraviña as leis divinas. O problema resolveuse cuando John Snow (médico da coroa) aplicou o produto con éxito á raíña Vitoria, durante os seus partos, aprobándose entón, dito uso pola monarquía.
O dor e a enfermidade acompañan ao home a lo longo de toda a súa historia.
O nome anestesia deriva do vocábulo grego “a aisthesis”, definíndose como a privación total ou parcial da sensibilidade producida por causas patolóxicas ou provocada con finalidade médica.

 imagen

Pero, que é a anestesioloxía?

A anestesioloxía é a ciencia médica que se ocupa do alivio da dor e o coidado global do paciente, antes, durante y despois da cirurxía.
A insensibilización do corpo á dor quirúrxico pódese conseguir de formas moi variadas. As principais formas de anestesia son:

 Anestesia xeral. O paciente permanece inconsciente y non recibe ningún tipo de sensación. Inxéctase por vía intravenosa ou intramuscular e outros inhalanse en forma de gases ou vapores. O anestesiólogo calcula permanentemente as doses para axustar o nivel de anestesia ás necesidades da intervención e ás características de cada paciente.

Anestesia rexional. Entumécese  toda a zona do corpo que vai a ser operada. Para isto, o anestesiólogo inxecta unha determinada solución de anestésico cerca dos nervios que reciben a sensibilidade de dita zona. O paciente permanece esperto ou con unha sedación lixeira, pero non recibe ningún tipo de sedación dolorosa.

Anestesia local. O anestésico aplicase directamente sobre os tecidos da zona na que vaise a intervir. Empregase para intervencións menores sobre partes moi determinadas do corpo.

Todas as intervencións cirúrxicas e tódalas anestesias levan consigo algún tipo de risco, o cal varía dependendo, do tipo de intervención e do estado físico previo do paciente. Cabe salientar a dramática redución de mortes atribuídas á anestesia. Actualmente calcúlase que o risco de morte causado pola anestesia é dun caso por cada 200.000, bastante inferior ao risco de sufrir un accidente grave de circulación.

Ao documentarme neste tema, a miña opinión é que este descubrimento foi un gran avance para a sociedade xa que salvou moitas vidas e mellorou moitas outras. Espero que os científicos de hoxe en día, tomen nota da importante labor destes homes do pasado e que utilicen todas as súas habilidades e ferramentas das que dispoñen, para seguir avanzando na mediciña, posto que é un piar básico na nosa sociedade.

Bibliografía

Especialistas en Anestesioloxía 

Historia da Anestesioloxía

Profesionais e interesados na especialidade

Entrada elaborada no curso 12-13 por Rocio Nodal Rodríguez

 

Tags: ,