Movementos terrestres
Un sismógrafo é un instrumento empregado para medir movementos da Terra. Baséase no principio de inercia dos corpos, principio no que se di que todos os corpos teñen unha resistencia ao movemento ou a variar a súa velocidade. O mecanismo consiste, nunha masa suspendida nun resorte atado a un soporte posto no chan. Cando o soporte se sacude ao paso das ondas sísmicas, a inercia da masa fai que esta permaneza un intre no mesmo sitio de repouso. Posteriormente cando a masa sae do repouso, tende a oscilar. Sen embargo, xa que esta oscilación posterior do péndulo non reflexa o verdadeiro movemento do chan, é necesario amortecela. Nesta figura, representase un aparato no que o amortecemento lógrao por medio dunha lámina somerxida nun líquido (comunmente aceite).
Este era o método utilizado nos aparatos antigos, actualmente lógrase por medio de bobinas ou imáns que exercen as forzas amortecedoras da oscilación libre da masa. Si se suxeita un lapis á masa suspendida, para que poida inscribir nun papel pegado sobre un cilindro que xira a velocidade constante, poderase rexistrar o movemento do chan. O instrumento ata aquí descrito, detecta o compoñente vertical do movemento do chan e coñécese como sismógrafo vertical. O papel onde traza o movemento coñecese como sismograma.
Un movemento sísmico é un movemento vibratorio producido pola perda de estabilidade de masas de cortiza. Cando o movemento chega á superficie e propágase por esta chamámoslle terremoto.
Estas perdas de estabilidade asócianse, xeralmente, aos límites de placas tectónicas. O movemento sísmico propágase concéntricamente e de forma tridimensional a partir dun punto na Cortiza profunda ou Manto superficial (en xeral, na Litosfera) no que se perde o equilibrio de masas. A este punto denomínaselle hipocentro.
Cando as ondas procedentes do hipocentro chegan á superficie terrestre convértense en bidimensionais e propáganse en forma concéntrica a partir do primeiro punto de contacto con ela. Este punto chama epicentro. Segundo nos afastamos do hipocentro prodúcese a atenuación da onda sísmica.
As ondas sísmicas son similares ás ondas sonoras e poden ser de dous tipos:
Ondas “p” ou primarias: chamadas así por ser as máis rápidas e as primeiras que se rexistran nos sismógrafos. Son ondas de tipo lonxitudinal, é dicir, as partículas rochosas vibran na dirección do avance da onda. Prodúcense a partir do hipocentro e propáganse por medios sólidos e líquidos nas tres direccións do espazo.
Ondas “s” ou secundarias: algo máis lentas. Son ondas de tipo transversal, é dicir, a vibración das partículas é perpendicular ao avance da onda. Tamén se producen a partir do hipocentro e propáganse en forma tridimensional, pero unicamente a través de medios sólidos.
Pero as verdadeiras causantes dos terremotos, son as chamadas ondas “L” ou longas: propáganse só pola superficie, polo que tamén se lles chama ondas superficiais. Propáganse a partir do epicentro.
Os terremotos, poden medirse. Pode medirse a sua intensidade, e faise mediante a escala de mercalli.
Fontes de información:
http://www.lpi.tel.uva.es/~nacho/docencia/ing_ond_1/trabajos_06_07/io3/public_html/Sismografo/Sismografo.html (esta páxina fala do sismógrafo en si. Parece ser dunha persona ou dun artículo dun centro educativo)
http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/4ESO/MedioNatural2/contenido2.htm (Movementos sísmicos)
Entrada elaborada no curso 12-13 por Marcos Nuñez Ribeiro
Tags: movementos sísmicos, Sismógrafo