Pozo Superprofundo de Kola

Esta entrada vou tratar un tema curioso como é o burato mais profundo do mundo. Como se pode intuir é artificial. Está situado en Rusia, exactamente na península do Kola. Foi un proxecto que iniciou a antiga Unión Soviética (URSS) no ano 1965 co obxetivo de estudar as capas da terra. Abrironse varios pozos partindo dunha rama central. O mais profundo, o SG-3, completouse en 1989, creando un burato de 12.162 metros de fondura, é o pozo mais profundo feito ata a actualidade.

imagen

 Este proxecto tivo varias trabas, a maioria delas foron de tipo económico, xa que case ninguén quería subencionar un proxecto tan “tolo” naquela época. Outro dos impedimentos foi a gran catástrofe que ocorreu o 27 de Setembro de 1984 xa que despois de alcanzar os 12.000 metros, 5.000 metros de terra derrubáronse é tívose que perforar outra vez dende o nivel de 7.000 metros, alcanzando 12.262 metros en 1989. En ese ano esperábase que a profundidade do pozo alcanzara os 13.500 metros para finais do ano 1990 e 15.000 metros para o ano 1993. Pero non foi así e o proxecto do burato quedou tan so nos 12.162 metros debido as altas temperaturas, superiores a 180ºC.

   Grazas a este proxecto, que penetra un tercio da codia continental báltica (35Km), fixéronse moitos estudios xeofísicos en distintos campos: a estructura profunda da placa báltica; as discontinuidades sísmicas na codia da terra; a composición física é química da codia mais profunda; a xeofísica da litosfera e os métodos para crear e desenrolar as tecnoloxías para o estudo xeofísico profundo.

   Na actualidade o pozo está controlado por unha empresa científica estatal (GNPP Nedra), con un laboratorio xeolóxico profundo situado a 8.578 metros de profundidade.

   Existíron varias criticas a este proxecto como as dos norteamericanos; non é de extrañar, xa que o proxecto iniciouse en plena Guerra Fría e non toleraban que o seu principal “inimigo” fixése unha investigación de ese calíbre. Os norteamericanos quixeron superar aos soviéticos e tentaron un proxecto parecido nas costas de México, pero desistiron e asumiron a derrota neste campo da ciencia ante os soviéticos.

    As fontes usadas para esta entrada foron:

 -http://www.xatakaciencia.com/geologia/viaje-al-agujero-mas-profundo-del-mundo

(Asociación que explica curiosidades da ciencia)

http://nursite.com.ar/phpBB2/viewtopic.php?t=701

(Foro de ciencia)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Lucas Arbones Rodríguez

 

Tags: