A proba da anatomía comparada.
Distintas especies presentan partes do organismo constituídas baixo un mesmo esquema estrutural, apoiando una homoloxía entre órganos ou similitude de parentesco, e por tanto dunha orixe e desenvolvemento comúns durante un período de tempo.Un exemplo,as extremidades anteriores dos humanos, morcegos ou baleas, cuxa estrutura, tipo de desenvolvemento embrionario ou relación con outros órganos, é basicamente a mesma. Existen órganos homólogos chamados vestixiais, que se manteñen presentes en cada xeración e que , porén, non realizan función algunha; por exemplo, nos seres humanos o coxe un remanente da cola; outros órganos vestixiais son o apéndice ou as moas do xuízo.
Os órganos que desempeñan a mesma función, pero teñen una constitución anatómica diferente chámanse órganos análogos, como a á dun insecto e a á dunha ave.
Moitas especies parécense moito xa que son especies evolutivas próximas, separadas por una diferente adaptación a medios distintos, é dicir, posúen órganos e estruturas orgánicas moi parecidas xa que teñen a mesma orixe , son o que lle chamamos órganos homólogos, un exemplo, a aleta dun golfiño e a á dun morcego, son órganos coa mesma estrutura interna, pero o golfiño emprégaa para nadar e o morcego emprégaa para voar.
A parte da anatomía comparada existen numerosas probas da evolución que son tan importantes coma esta.
Este é un pequeno vídeo no cal nos resume todas as probas da evolución.
Páxinas empregadas para buscar información:
Libro de texto de primeiro de bacharelato de Anaya.
A páxina educativa de recursos tic.
Imaxes sacadas da páxina ecociencia.
Entrada elaborada no curso 12-13 por Eva María García González
Tags: anatomía comparada.