Desde a terra ata o mar

A homoloxía é a relación existente entre dúas partes orgánicas diferentes cando teñen a mesma orixe evolutiva. Son exemplo disto as catro extremidades dos vertebrados con mandíbula, desde os tabeiróns ata as aves e os mamíferos. Da mesma maneira, o dedo mediano da man e do pé humano son homólogos do extremo da pata do cabalo.

 

As estruturas homólogas créanse mediante paralelismo. O paralelismo é o resultado dun proceso de desenvolvemento equivalente, é dicir, un mesmo órgano evoluciona ao mesmo tempo en distintos espécimes de maneiras distintas.

Un exemplo disto son os pequenos ósos na pelve que presentan os golfiños modernos, e que nos indican que algunha vez tiveron extremidades posteriores. De feito, os golfiños, así como as marsopas e as baleas descenden de mamíferos terrestres, máis precisamente dos Artiodáctilos.

 

imagen

Resulta curioso pensar que os golfiños, eses simpáticos animaliños mariños, que sempre se nos presentaron como doces e amigables, e capaces de facer incribles virguerías, nun tempo non foron moi diferente dos cans de hoxe en día .

Un longo proceso evolutivo levou a un pequeno animal terrestre a adaptarse á vida mariña ata transformarse no actual golfiño.

Primeiro tivo unha forma completamente terrestre fai uns 50 millóns de anos, é dicir, que se desenvolveu ao longo da Era Terciaria. A forma anfibia alcanzouse despois de cinco millóns de anos, e outros tantos foron necesarios para que se formase a característica cola con aleta horizontal. Ao longo da súa evolución, foi desenvolvendo un morro con forma alongada e aumentando a súa masa cerebral.


Estes son os antepasados do golfiño actual :

*Mesonychidae: antepasado terrestre que viviu fai uns 50 millóns de anos.

*Protocetidae: a primeira forma acuática coñecida, probablemente anfibia, que viviu fai uns 45 millóns de anos.

*Dorudontidae: forma completamente acuática de fai uns 40 millóns de anos.

*Squalodontidae: o aspecto faise similar ao do golfiño do Oligoceno ( terceira etapa do período Terciario), fai uns 25 millóns de anos.

*Delphinidae: os golfiños modernos, co morro en forma de botella, fan a aparición fai uns 15 millóns de anos.

Pero, como era de esperar, non todas as poboacións destas especies ao redor do mundo evolucionaron de maneira idéntica, e, como resultado, temos na actualidade sobre 35 tipos distintos de golfiños, diferenciándose na cor da pel, a forma da cabeza, e o tamaño.Esta longa evolución levou aos “delphinidae” a convertirse nunha das especies máis intelixentes do planeta, e cun complicado sistema de relacións sociais e comunicación.

 Vale a pena saber un pouco máis sobre esta marabillosa especie, que evolucionou desde a terra ata o mar .

 A información para a realización deste post foi extraída de:

http://marcos-marcosnavarro-marcos.blogspot.com.es/2011/09/todos-los-tipos-de-delfines.html Aquí podedes atopar fotos de todas as especies de golfiños.

A páxina de wikipedia sobre homoloxía

Este blog sobre bioloxía .

Entrada elaborada no curso 12-13 por Irma Silva Hervella

 

Tags: ,