Só con coco.

Aínda que un embarazo na adolescencia cambia totalmente o proxecto de vida e pon en perigo a saúde da nai e do fillo, na actualidade, a pesar da información e dos medios existentes para evitalo, a cifra de mozas menores de dezanove anos que se embarazan ou que teñen fillos, aumenta día con día, de tal forma que soamente en México se reportan máis dun millón delas, das cales 4000 acaban en enfermidades crónicas-dexenerativas ou metabólicas ou morte das nais, principalmente menores de 16 anos, durante o embarazo ou ben ata os 42 días despois do parto. Estes pasamentos ocorren por determinadas razóns; unha hemorraxia materna, infeccións, complicacións do aborto, hipertensión, pero a primordial é que o corpo das mulleres tan novas non está preparado para concibir un fillo. Nos países desenvolvidos morrer preséntase de maneira máis reducida, un caso de cada mil. Pero o peor é que este acontecemento, que normalmente se define como marabilloso, non o é tanto, xa que falece máis dun millón de bebés ó ano, ou se non, adoitan nacer con problemas conxénitos.

Ter un fillo non desexado na adolescencia afecta á xoves de todos os niveis económicos e educativos, aínda que é máis abundante nas familias máis pobres e, a súa vez, con menos recursos para obter dunha boa educación.

imagen

O nacemento  dun bebé supón compromiso, sacrificio e abandono dunha serie de accións que antes formaban parte da vida diaria dos adolescentes, cambiándoas por outras relacionadas con maternidade. Isto provoca frustración, que termina por prexudicar ós fillos e ás fillas, que non tiveron nada que ver coa decisión equivocada. O impacto dun embarazo na adolescencia, ademais de ter riscos físicos, supón a deserción escolar, isto é, cando as mozas adolescentes quedan embarazadas deben asumir responsabilidades  de nais que, polo xeral, non poden compartir co estudo, ou dificúltaselles notablemente, entón optan por ter ós seus bebés e abandonar a escola. Tamén inclúe ter un maior número de fillos ó largo da xuventude, desemprego, ou ingresos inferiores de por vida, xeralmente fracaso nas relacións de parella e abandono da vida social. Pero isto non é todo, outro dos problemas é a oposición social ou relixiosa cando se concibiu o neno fora do matrimonio, dado que, para moitas familias, movidas por unas ideas fixas morais ou relixiosas, consideran indesexables as relacións sexuais fora do matrimonio.

Por si fora pouco, ter un descendente non desexado non só afecta ás mulleres, senón tamén ó pai, aínda que normalmente non asume a responsabilidade paterna, e os bebés, ó final, quédanse coa nai e a familia desta, que debe axudar economicamente e apoiar emocionalmente.

Moitos dos embarazos no planificados xorden porque os adolescentes seguen os consellos inadecuados de amigos, pola falta de confianza ou a pouca apertura que existe para falar do tema da sexualidade coa súa familia. Expertos aseguran que con educación sexual podería reducirse o índice de embarazos non desexados e lograr unha cultura de educación sexual baseado no uso de anticonceptivos temporais, os cales se poden encontrar  en affection.org, un foro gratuíto que nos aporta grandes respostas con respecto á sexualidade.

Como última parte do post, deíxovos un vídeo onde explica de maneira máis entretida, amena e completa, nalgúns campos, o dito anteriormente:


Biografía:

Páxina imformativa sobre os embarazos nas adolescentes.(.docstoc)

Blog dixital xuvenil chamada quiainfantil.com

Foro sobre a educación sexual creada por diferentes doctores que ten como nome salud180.com

Vídeo publicado por un canal de televisión chamado zona xoven

Entrada elaborada no curso 12-13 por Nuria Serodio González

 

Tags: ,