O cancro de páncreas
O páncreas é unha glándula de aproximadamente entre 16 e 20 centímetros de longo con forma de pera delgada. O extremo máis ancho del denomínase cabeza, a sección media denomínase corpo e o extremo delgado recibe o nome de cola. Encontrase detrás do estómago e diante da columna vertebral. Este órgano cumpre dúas funcións principais no corpo:
- Producir xugos que axudan na dixestión (descomposición) dos alimentos.
- Produción de hormonas, como a insulina e o glucagón, que axudan a controlar as concentracións de azucres na sangue. Ambas hormonas axudan a utilizar e almacenar a enerxía que se obtén dos alimentos.
O seu cancro é un dos tumores máis agresivos do tracto dixestivo. A maioría dos pacientes con cancro de páncreas falecen por esta enfermidade debido a que os tumores se diagnostican tarde, cando xa non son curables. A posición do páncreas no organismo fai que o tumor invada outros órganos e se estende con rapidez.
As causas principais de padecer este cancro son o factor xenético, a idade (a partir dos 50 anos), sexo (os homes teñen un 30 por cento máis de probabilidades de padecelo), o tabaco, a mala alimentación, a exposición intensa a certos produtos químicos, pancreatites crónica e ser diabético, xa que é máis común nas persoas con diabetes.
O tumor localízase con frecuencia na cabeza pancreática. A este nivel, invade moi pronto a vía biliar, o que provoca a interrupción do fluxo da biles dende o fígado ao intestino co cal o paciente ponse “amarelo”, a isto chamaselle ictericia e con frecuencia ten picores xeneralizados debidos a ausencia da eliminación dos sales biliares. O dolor das costas a altura do estómago, a perdida do peso son outros síntomas tamén moi frecuentes.
Bibliografía:
Instituto Nacional do Cancro dos Institutos Nacionais da saúde de EEUU
Clínica Universidade de Navarra
Imaxe:
Instituto Nacional do Cancro dos Institutos Nacionais da saúde de EEUU
Entrada elaborada no curso 12-13 por Noelia González Troncoso