O descubrimento dos prións
Stanley B. Prusiner, profesor de Neuroloxía e Bioquímica da Universidade de California, en San Francisco, obtivo o premio Nobel en 1977 polo seu descubrimento dos prións.
Os prións saltaron á prensa por ser os axentes causantes da enfermidade das vacas tolas, que decimou a gandeiría bovina de Reino Unido e se estendeu a outros países europeos, incluído o noso. Os prións son uns axentes infecciosos moi peculiares, aínda máis simples e minúsculos que os virus e as bacterias.
Pero, de onde veñen os prións? En condicións normais, tanto as persoas como o resto dos animais, levamos na superficie das nosas células as denominadas proteínas priónicas. Estas proteínas priónicas son máis abundantes nas células nerviosas, como as neuronas, e atópanse enroladas. Mentres se atopan neste estado, non se produce ningún tipo de anomalía.
O problema prodúcese cando o prión cambia o seu pregamento habitual por outro anormal. Ao alterar o seu pregamento, a proteína priónica convértese en prión e, onde antes había unha proteína normal coa que o ser vivo convivía sen problema, agora hai un prión agresivo, capaz de destruír o noso cerebro e provocar buratos nel. Pouco a pouco, a medida que se acumulan os prións e morren máis neuronas, a persoa vólvese demente (enfermidade de Creutzfeld-Jakob) ou a vaca vólvese tola (encefalopatía esponxiforme bovina)
Exemplo de prións alterados.
A enfermidade de Creutzfeldt-Jakob pódese contraer de dúas formas diferentes:
- Un cambio de pregamento producido de forma espontánea. Esta deformación pódese producir nunha persoa que estea completamente sa e sen ningunha razón identificable, mais isto pasa moi raramente, só nun caso por millón de habitantes nun ano.
- Mediante o consumo de carne bovina. Se inxerimos carne dalgún animal que padeza a enfermidade.
A outra enfermidade neurodexenerativa letal máis coñecida nos humanos é o kuru, detectada só en membros da tribo Fore de Papúa e causada, probablemente, polo canibalismo ritual, xa que honraban os mortos comendo os seus miolos. Ao abolirse este costume, a enfermidade desapareceu.
-Fontes de Información-
- Libro de texto de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, 1º de Bacharelato.
- Gencat.cat - Páxina Web do Hospital Universitario ‘Germans Triás i Pujol’ de Cataluña.
- Nlm.nih.gov - Portal Web da Biblioteca Nacional de Medicina dos E.E.U.U.
- News-Medical.net - Páxina Web adicada a publicar noticias sobre medicina.
Entrada elaborada no curso 12-13 por Andrea Rubio Gómez
Tags: enfermidades, Prións, Vacas tolas