Seguimos evolucionando?

Aínda que non o pareza, a especie humana, que xurdiu en África hai uns 200 mil anos, non deixou de ser sometida ás forzas da evolución desde aqueles tempos. Este é un feito xa aceptado entre a maioría de científicos que, pouco máis de dez anos atrás, pensaban que o Homo Sapiens tiña escapado da selección natural a partir do momento que dominou a natureza, é dicir, desde que construíu un teito baixo o que vivir e cultivou e criou o seu propio alimento. Recentes investigación veñen a demostrar o contrario; o ser humano non só non deixou de evolucionar, senón que o fai cada vez máis rápido. Logo de analizar as secuencias de ao redor de 200 xenomas humanos, os investigadores afirman ter descuberto novas probas que descartan a idea de que os barridos selectivos son o método principal da adaptación do humano.

O humano é moi adaptable, se cambia de hábitat pode estar perfectamente adaptado a el en moi poucas xeracións. Cada vez a máis nenos failles falta ortodoncia, isto é un feito que comproba que nas últimas xeracións foise reducindo o tamaño de boca máis rápido que o dos dentes; tamén a cada vez menos persoas lles saen as moas do xuízo.

imagen

A visión popular da evolución é que é lenta, moi lenta. Pero é un feito observado que nas grandes poboacións é máis factible que ocorran máis mutacións adaptativas. Razón pola cal a evolución, ou a adaptación ao medio, actúa máis rápido. Un dato curioso é que a media de altura mundial aumenta cada vez máis rápido co paso das décadas.

As teorías máis extraordinarias debuxan un futuro de ciencia ficción, no que poderiamos converternos en ciborgs, organismos cibernéticos dotados de dispositivos mecánicos e mesmo hai quen di que acabaremos dixitalizando as nosas conciencias para conseguir unha inmortalidade cibernética.

imagen

 Este é un video moi interesante sobre como a evolucion podería depender dun pequeno cambio da forma cranial e como este feito afecta ao resto na anatomía en xeral.

Fontes:

Página de noticias (Argentina)

Blog de  Santiago Sánchez-Migallón Jiménez (filósofo)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Eduardo Enrique Leitao Rodríguez.

 

Tags: ,