Homo Heidelbergensis
O Homo heidelbergensis é un homínido que viviu en Europa entre fai algo máis de 500.000 e 200.000 años, especie intermedia entre o Homo antecessor e o home de Neanderthal. Trátase de individuos moi altos (1,80 m) e fortes (chegarían aos 100 kg), de grandes cráneos (case 1.400 cm3) aínda moi aplanados, con mandíbulas saintes e gran abertura nasal. Esta especie defínese en 1908 a raíz do descubrimento da mandíbula de Mauer na localidade alemá de Heidelberg. Ata os descubrimentos da Serra de Atapuerca, a mandíbula de Mauer (xunto con parte dunha tibia humana encontrada no xacemento inglés de Boxgrove) era tida como o fósil humano más antigo de Europa.
As súas características eran:
- A grande maioría de individuos medirían entre 160 e 180 centímetros, sendo o promedio dos machos algo superior ao promedio das femias.
- As súas proporcións corporais eran moi similares ás do Homo sapiens, pero co tronco máis ancho. O seu peso corporal era un 30 por cento máis pesados que a nosa especie, debido a unha maior masa esquelética e muscular e á súa maior anchura do tronco.
- A súa capacidade cranial sería unha media duns 100-150 centímetros cúbicos menor que en Homo sapiens.Cerebro lateralizado como o noso, con individuos principalmente destros. Grao de encefalización: menor que o da nosa especie: cerebro relativamente máis pequeno con respecto ao peso corporal.
- A xestación era de nove meses, e o parto similar ao de Homo sapiens en canto á fisioloxía, movementos do neno e modo de presentación, pero cun tránsito máis folgado pola canle do parto, debido ás maiores dimensións da pelvis
- A lonxevidade era menor que a de Homo sapiens, xa que o seu estilo de vida non permitiría unha vida máis aló dos 40 ou 45 anos. A esperanza de vida ao nacemento sería de entre quince e vinte anos.
Eran cazadores e recolectores que se organizaban en pequenos grupos ou clans de entre 15 e 40 individuos jerarquizados, que explotaban e defendían os recursos dun territorio. As posibles causas de morte eran o parto, infeccións de feridas e da cavidade bucal, traumatismos producidos por golpes accidentais ou por violencia intra-específica ou por predadores.
As miñas fontes:
Atapuerca Homo Heidelbergensis Páxina web sobre os xacementos de Atapuerca
Centro Virtual Cervantes Páxina websobre a orixe do Homo Heidelbergensis
Entrada elaborada no curso 12-13 por Daniel Domínguez
Tags: Evolución humana