A realidade das farmacéuticas
Qué sabemos realmente das farmacéuticas e dos medicamentos que tomamos? Qué facemos cando nos atopamos mal por un simple resfriado? Qué propiedades teñen os medicamentos e qué efectos teñen no noso organismo? Acaso ti sabes porque tomas o que tomas cando estás enfermo e que ocorre no teu corpo ao tomalo?
Deberiamos intentar averiguar todo isto o antes posible, antes de que o noso corpo este afectado de maneira irreversible. As farmacéuticas ademais de estar monopolizando as investigacións grazas as patentes, están corrompendo o noso corpo soamente para obter beneficios sen importar os dereitos humanos.
O fin xustifica os medios para elas, debido o capitalismo, o seu único fin é obter a maior cantidade de capital posible, sen importar o que lle pode ocorrer as persoas nin a largo, nin a medio, nin a corto plazo. O obxectivo é obter diñeiro non? Se o obxectivo é obter diñeiro, a busca da cura das enfermidades ”desaparece do mapa” debido a que a estas empresas o que lles da cartos son as persoas que teñen que comprar medicamentos continuamente, coma os enfermos crónicos.
Polo tanto, os farmacéuticos chegaron a conclusión que para obter diñeiro, non podían curar as enfermidades, e non soamente iso… O que están facer e que os medicamentos convirtan a enfermidades en crónicas, deste xeito terán pacientes garantidos de por vida, xa que o único que se consegue ao inxerir o produto é un efecto paleativo que crea dependencia e fai que as persoas convírtanse en fármaco-adictas xa que non son capaces de abandonalo tratamento.
A pregunta é a seguinte: que podes facer ti para intentar cambiar as cousas? É moi difícil esta claro, pero todos os grandes cambios comezan por cada unha das nosas accións. Asique, actuemos… Somos a xuventude e nos somos os que podemos cambiar o mundo, porque se non o facemos nos quen o vai facer?
Atopei dous videos sobre este tema que amosa de xeito moi claro, ainda que se poden atopar moitos que fannos abrir os ollos:
A verdade sobre as farmacéuticas, vídeo de Youtube
O secreto das farmacéuticas, vídeo de Youtube
Webgrafía:
Crímenes de las farmaceuticas, (blog del proyecto matriz)
Biblioteca solidaria, blog de consulta para temas de actualidad.
Entrada elaborada no curso 12-13 por Tomás Valderrama Santomé
Tags: Bioética, Farmacéuticas