Grazas mamá.

Na actualidade as células nai estanse a converter nun gran avance na investigación médica xa que axuda na cura de moitas enfermidades, pero, qué son as células nai?
As células nai son células non especializadas que teñen a asombrosa capacidade de convertérense en moitos tipos de células diferentes do corpo. Ao servir como unha especie de sistema de reparación para o corpo, poden dividirse potencialmente sen límite para repoñer outras células que se danasen. Existen dúas clases principais de células nai: as embrionarias e as adultas.
Estas células poden obterse de moitos tecidos do corpo, como a médula ósea, o sangue e outros órganos como o corazón. As células nai máis inmaduras atópanse no embrión ou no sangue do cordón umbilical dun bebé nacido recentemente.
O mellor das células nai  é que foron estudadas como una posible estratexia de tratamento para numerosas enfermidades como a diabetes, a enfermidade do Párkinson, o Alzheimer, a artrite, as queimaduras, as lesións da médula espiñal e máis especificamente, as enfermidades cardíacas, pero ao ser isto unha terapia de investigación, non pode facerse ningunha afirmación definitiva respecto do beneficio para unha enfermidade específica.

 

imagen

Gústame saber destas noticias e avances médicos porque hoxe en día necesitamos cura para estas enfermidades que son tan horribles, non só para o afectado, senón tamén para os seus familiares. Desexo que sigan investigando neste sector da medicina para que así, estes ensaios e investigacións, nun futuro, se convertan nunha realidade que salve vidas e mellore tantas outras.

Fontes de información:

- Páxina da “Mediplus”, servicio da Biblioteca Nacional de Medicina de EEUU.
- Instituto médico “Texas Heart”
- Imaxe sacada dun blogue ecoloxista xuvenil.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Rocío Nodal Rodríguez

 

Tags: ,