A fibrose quística

imagen

fibrosis quística é unha enfermidade hereditaria, que provoca a acumulación de moco espeso e pegañoso nos pulmóns, o tubo dixestivo e outras áreas do corpo. É un dos tipos de enfermidade pulmonar crónica máis común en nenos e adultos xoves, e é un trastorno mortal.

Causas

A fibrosis quística é causada por un xen defectuoso, o que leva ao corpo a producir moco; o cal se acumula nas vías respiratorias dos pulmóns e no páncreas (órgano que axuda a descompoñer e absorber os alimentos).

Esta acumulación de moco pegañoso ocasiona infeccións pulmonares potencialmente mortais e problemas dixestivos. Esta enfermidade pode afectar ás glándulas sudoríparas e ao aparato reprodutor masculino.

Millóns de persoas portan o xen defectuoso da fibrosis quística, pero non manifestan ningún síntoma. Isto ocorre porque unha persoa que padece esta enfermidade debe herdar dous xenes defectuosos para a fibrosis quística: un de cada pai. A enfermidade é o  trastorno hereditario e mortal máis común que afecta ás persoas de raza branca nos Estados Unidos e é máis frecuente entre aquelas persoas descendentes de europeos do centro e norte.

Á maioría dos nenos con fibrosis quística diagnostícaselles a enfermidade cara aos dous anos. Sen embargo, a un pequeno número no se lles diagnostica a enfermidade hasta os 18 anos ou máis. Estes pacientes padecen unha forma máis leve da enfermidade.

Síntomas

Posibles síntomas nos recén nacidos: retraso no crecemento, incapacidade para aumentar de peso, ausencia de deposicións durante as primeiras 24 a 48 horas durante a nenez, pel con sabor salgado.

Posibles síntomas relacionados coa función intestinal: dor abdominal a causa do estrinximento, aumento de gases, meteorismo ou un abdome aparentemente hinchado, náuseas e inapetencia,  feces pálidas ou cor arcilla, de cheiro fétido, que teñen moco ou que flotan, perdida de peso.

Posibles síntomas relacionados cos pulmóns e os senos paranasais: tose ou aumento da mucosidade nos senos paranasais ou os pulmóns, fatiga, conxestión nasal, episodios recorrentes de  pneumonía.

Os síntomas que se poden notar posteriormente na vida son: esterilidade, inflamación repetitiva do páncreas, síntomas respiratorios.

Un diagnóstico temprano de FQ e un plan de tratamento integral poden mellorar a supervivencia e a calidade de vida, aunque o control e a vixilancia son moi importantes. De ser posible, os doentes deben recibir coidados en clínicas especializadas nesta enfermidade.

Prevención

Non existe ningunha maneira de previr esta enfermidade. O feito de facer probas de detección en aquelas persoas con antecedentes familiares desta enfermidade pode detectar o xen nun 60-90% dos portadores.

Pero poden establecerse unha serie de coidados no fogar, como poden ser: evitar o fume, a suciedade, os vapores, tomar bastantes líquidos ou facer exercicio dúas ou tres veces por semana, así como nadar.

Na miña opinión, a fibrosis quística é unha enfermidade verdadeiramente complicada de levar porque senón a detectan a tempo pode causar a morte e ás veces, incluso detectándoa relativamante rápido. Penso que debería haber avanzado máis a medicina neste campo. E vós, que pensades??

Fontes de información:

-A enciclopedia médica

-Federación Española de Fibrosis Quística

Entrada elaborada no curso 12-13 por  Zaida González Bargiela

 

Tags: ,