O perigo dos medicamentos e drogas ó conducir.
MEDICAMENTOS.
Algúns medicamentos poden provocar efectos secundarios negativos na condución. Éstes, afectan ó noso sistema nervioso modificando a conducta e a resposta en determinados momentos, aínda que non afecta a todos por igual. Por iso, é moi importante coñecer eses riscos. Deberiamos saber o que estamos inxerindo informándonos sobre a medicina e seguir instruccións dun doutor.
Podemos dividir os medicamentos en tres grandes áreas:
-Tranquilizantes: actúan como depresores da actividade psíquica (varía o sono, reduce os niveis de alerta, diminúe o tempo de reacción, pode provocar visión borrosa, etc…)
-Sedantes: son calmantes da ansiedade (os seus efectos son parecidos os do anterior).
-Estimulantes: actúan sobre o sistema nervioso central elevando o tono psicolóxico para tratar estados depresivos .
DROGAS.
As drogas poden ter efectos secundarios similares ós dos medicamentos. Son substancias capaces de alterar o comportamento dos individuos, producindo neles un estado de dependencia física e psíquica dificultando enormemente a condución.
Podemos clasificalas en:
-Depresores: calman a actividade neuronal e reducen a actividade corporal. Estas drogas que son o cannabis, a heroína, o éxtasis, a morfina, etc…diminúen a capacidade de reacción, a capacidade de concentración e os reflexos.
-Estimulantes: aumentan a actividade neuronal e as funcións corporais . Estas drogas que son as anfetaminas, a cocaína e o éxtasis poden producir unha falsa sensación de control e provoca descordinacións.
-Alucinóxenos: Afectan de forma notable a percepción do individuo. Estas drogas que son os hongos, o LSD, o ketamina, etc…son capaces de producir alucinacións, cambios de percepción da realidade e visións imaxinarias.
As miñas fontes:
-Portalfarma páxina na cal nos fala dos efectos de medicamentos na condución como antidepresivos, ansiolíticos, antihistamínicos e antineoplásicos.
-Vitonica páxina que nos fala dos riscos que nos poden provocar os medicamentos ao conducir.
-Grafelbergnoticias páxina que nos fala dos efectos da droga ao volante, dos medicamentos en xeral, da mezcla das drogas co alcohol e algunhas medidas de prevención.
Entrada elaborada no curso 12-13 por Jordan Domínguez Rajo
Tags: drogas, medicamentos