Os “Sons Apocalípticos”

Buscando un tema para poder elaborar o post deste trimeste, acabei atopando unhas series de sucesos que me pareceron abraiantes.

Dende mediados do ano 2011,en todo o mundo, comenzáronse a publicar videos en distintos lugares da web que tiñan como  nome ” as trompetas do apocalipse”, “extraños sons no mundo”, ” o fin do mundo”,…

De primeira man pódense pensar que isto comezou  sendo una broma  que se foi extendendo por todo o mundo, unha tendencia máis , similar ao Harlem Shake  ou ao Gangnam Style .

Pero co paso do tempo, os sons foronse  escoitando máis,  o número de xente  que os denunciaba tamén aumentou. Os sons  segundo tiveron comprobado dos videos e demais, son moi fortes , e as persoas que afirman vivir experiencias con eles compáranos co estrondo dun tren, co ruído dun raio e mesmo co de cen trompetas .

imagen

Antes de explicarvos a teoría dun xeofísico sobre estes sucesos, aquí tedes unha web  que vai documentando os vídeos dos extraños sons, clicade aquí .

David Deming, escribiu sobre un fenómeno chamado “The Hum” , que podería explicar os fenómenos sucedidos.

Consiste nun son de moi baixa frecuencia  misterioso e  imposible de rastrexar que se escoitou en varios lugares do mundo. Según él, dun 2% a un 10% da poboación o escoitou algunha vez na súa vida de maneira consciente.  No seu artículo, atribuiulle os sons as transmisións telefónicas e as aeronaves  estadounidenses con propósito de comunicacións submariñas.

Fonte:

-http://acusticaweb.com/blog/acustica-ambiental-y-ruido/465-sonidos-extranos-que-se-escuchan-en-todo-el-planeta.html : A web persoal de David Casadevall ( un consultador acústico) .

Entrada elaborada no curso 12-13 por Xoel Alonso López

 

Tags: