A cura do VIH

O síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA), é una enfermidade provocada por  un dos virus indestrutible ata o momento que foi descuberto por primeira en Estados Unidos, no 1981, a pesar de que non se descarta que xa se padecese con anterioridade a dito ano.  Pódese definir como un conxunto de manifestacións clínicas que aparecen como consecuencia da depresión do sistema inmunolóxico debido á infección polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH), así, unha persoa infectada co VIH vai perdendo, de forma progresiva, a función de certas células do sistema inmune chamadas linfocitos, o que facilita que desenrole certo tipo de tumores e a padecer infeccións por microorganismos que normalmente non causan enfermidade en persoas sans pero si o fan naquelas  que están afectadas polo síndrome.

en la pielO VIH ten dúas manifestacións principais, VIH-1 e VIH-2. Distinguíndose porque o 1º, afecta principalmente ao sistema linfático, é  máis patóxeno que o segundo. Así as áreas xeográficas polas que se estende tamén son distintas pois mentres que o primeiro é a causa máis frecuente de infección por VIH no mundo, o VIH-2 parece limitado á zona oriental do continente africano.

No entanto, cabe dicir que son moitas as persoas infectadas polo virus e que non padecen a enfermidade, por iso, debido ao seu descoñecemento, e como consecuencia da falta de tratamento,  finalmente termina por desenrolala ao cabo duns 5 ou 10 anos despois do contaxio. O virus do SIDA transmítese a través do sangue, mediante as relacións sexuais e coa leite materna, así como por todos os lugares do corpo no que hai mucosas.

Na actualidade a única forma de saber se se contraeu a infección é cunha proba médica, pero moitos infectados non presentan síntomas ata que pasaron varios anos, de aí a importancia de coñecer que prácticas e situacións poden determinar a infección e actuar consecuentemente. Os síntomas que se presentan son moi parecidos a un catarro ou a unha gripe leve (cansazo, febre, perda de apetito) ou tamén o aumento dos ganglios linfáticos.

En canto os tratamentos, na actualidade estanse a desenvolver unha gran cantidade de investigacións, que se ben, aínda non atoparon a cura, si que son capaces de evitar os seus efectos a un 90% durante uns anos.

molécula

            A pesar dos numerosos recortes en investigación que se están a dar no noso país nestes momentos, foron  científicos españois os que descubriron a molécula que utiliza  inmunodeficiencia humana (VIH) para entrar nas células inmunitarias e estenderse polo organismo.

Este descubrimento fixo que se creasen novos fármacos contra o SIDA e un paso máis cara a unha vacina contra esta enfermidade. As novas substancia deberán dirixirse a bloquear as moléculas  evitando a resistencia ás terapias que provocan algúns tratamentos. Na miña opinión o mellor sería que en lugar de crear tratamentos, se investigase sobre unha vacina para que as persoas se inmunicen a ela e non teñan que pasar por efectos secundariso, ademáis de que así poderíase exterminar este virus.

Está claro que o SIDA é unha enfermidade que aínda lle queda un gran período de investigación e que mentres non apareza a cura, debilitará ós seus infectados ata o punto en que unha simple gripe termine coa súa vida. A xente con SIDA desenrolou o termo ”vivir co SIDA” para describir a súa experiencia. Prefiren este termo porque implica a acción e o control persoal que poden axudar a manter una visión positiva e unha vida máis longa. Cómpre ter esperanza en que as empresas farmacéuticas, pese a que o seu obxectivo nos últimos imagenanos parece máis destinado ó beneficio económico que a cura real das enfermidades (debido en gran parte a falta de subvención por parte dos estados) atoparán a cura definitiva para este virus en lugar de conseguir tratamentos que o único que fan é converter a vida do paciente nun dependente dese tratamento retrasando o inevitable e que non soluciona o problema de que outras persoas se poidan contaxiar facendo que en moitos casos os pacientes leven unha loita contra esta enfermidade sós.

Con todo hai que estar agradecidos, pois o nivel de vida de esta persoas mellorou moito nos últimos anos, e con este último tratamento o virus queda case erradicado e aproximámonos máis e máis a cura deste mal.

Por último, decir que según unha gran cantidade de científicos de todo o mundo, a sicoloxía do páciente é sempre a que determina as posibilidades de que a enfermidade teña máis consecuencias ou non das que debería, polo tanto, cómpre que sexamos fortes porque se isto é así, poderanos tusir na cara ou estar presentes ante unha gran cantidade de virus que apenas nos van a afectar, pero pola contra, se lle prestamos demasiada atención as posibilidades de contraer unha enfermidade, o máis seguro e que acabemos por ter a enfermidade que en condicións normais non teríamos. Este caso tamén o aplican o VIH por sorprendente que pareza.

 

A continuación ofrézovos un enlace que me gustaría moito que visitásedes pois aporta o punto de vista dunha persoa que sufriu esta enfermidade, e que amosa o rexeitamento que fai a sociedade das persoas que conviven co SIDA, así tamén podedes facervos unha idea de porque moitas veces deciden manter este problema en segredo. Univisión

 

Curiosidades:

 Formas de transmisión do VIH

 Probas médicas para coñecer se un paciente sofre a enfermidade.

Causas, sintomas e tratamentos do VIH

Vivir co sida: etapas de la enfermedad.

Científicos españoles descubren el VIH

 

Fontes de información:

Cruz roja. Síntomas, probas…

Enciclopedia médica: Medlineplus

Profesor en linea: información sobre os síntomas desta e outras enfermidades

Formas de transmisión del sida: páxina de divulgación de  esmas.com

Síntomas principais do sida: páxina creada por “tu otro médico” que aporta información sobre os síntomas de diversas enfermidades.

Información general: Creada por “demedicina”. Habla sobre la definición de sida, sus causas, sintomas, diagnósticos…

Novos tratamentos do sida: a información é de “diariodenavarra” e fala dunha pastilla que reduce o 75% o risco de contaxio e dos problemas que ten a súa comercialización.

Diez curiosidade sobre el VIH. Aborda temas interesantes como a diferencia entre sero-positivo e ter sida, se o paciente pode non tratarse ou os riscos dos seus familiares diretos. Páxina de divulgación de elmundo.es

 

Entrada elaborada no curso 12-13 por David Piñeiro López

 

 

Tags: , , ,