Ti es perfecto para outros.

Ás veces pensamos que cando morremos acabouse e entérrannos, pero en realidade logo de morrer outras persoas poden aproveitar os nosos órganos e partes de nós para que eles xa que nós non puidemos seguir con vida eles si poidan.A isto chámaselle doar órganos ou parte do noso corpo.

A doazon de órganos consiste en logo de morrernos ou ata vivos poder doar órganos que funcionan do noso corpo a outras persoas que eses órganos xa non están funcionando con normalidade. A doazon consiste tamén en enfermos que requiren mellorar a calidade de vida con trasplantes de tecidos como son as corneas, ósos e outros.

A doazon en España.

O español é un pobo solidario. España é o país con maior taxa de doazon de todo o mundo. As doazons realízanse sempre de forma altruísta e todo o proceso é cuberto, desde o punto de vista económico, polo Sistema Nacional de Saúde. Estas bases de funcionamento proporciónannos o privilexio de ter maiores posibilidades de obter un trasplante en caso de necesitalo. O modelo español de funcionamento dos trasplantes é considerado mundialmente un exemplo a imitar, que de feito se está implantando en gran parte do mundo.Pero ser un modelo de solidariedade non pode servirnos para dar as costas á realidade. Cada día hai máis persoas que necesitan ser trasplantadas para seguir vivindo. Aproximadamente o 10% dos receptores falecen mentres esperan recibir un órganos.

                                                                         

Quen pode doar órganos?

Os órganos que se usan para trasplante poden vir de tres fontes: Doador familiar, doador non familiar e doador cadavérico (é unha persoa en quen se demostrou “morte cerebral”)

Ademais de órganos, podemos doar sangue estando ata vivos, aínda que para doar sangue ou órganos necesítanse facer varias análises para saber si o doador e o doante son compatibles e si non o son non se pode doar porque o órgano non lle serviría.

Anímate e faite donante , axuda aos demais.!

Bibliografía:

 Páxina na que se fala de doazón de órganos e transplantes, toda a información e onde hai que comunicarsepara facerse doante. Registro nacional de donantes de órganos.

ONT. Páxina da Organización Nacional de Transplantes do Goberno de España.

A foto é dun blogue relacionado coa creatividad: Creativoros.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Andressa Oliveira Alves da Silva

 

Tags: , ,