A medicina rexenerativa

O obxectivo da medicina rexenerativa é substituír os tecidos danados de certos organismos debido a enfermidades, por novos obtidos mediante a multiplicación xenética. Isto é especialmente útil no caso de enfermidades tales como o Parkinson, Alzheimer, diabetes, cancro, etc.

A principal dificultade técnica vén dada pola obtención das células nais: células que se atopan en tódolos organismos pluricelulares, e teñen a capacidade de dividirse para dar lugar a tecidos diferenciados. Este é tamén o punto que crea máis dilemas e discusións éticas, tanto na comunidade científica como entre a poboación en xeral. Existen diferentes clases de células nais segundo a súa “potencia”:

·Totipotentes. Células capaces de dar lugar a un organismo enteiro. O caso máis claro preséntano os cigotos e as células embrionarias nas fases máis prematuras da xestación.

·Pluripotentes. Células que poden transformarse en calquera tipo celular do organismo ao que pertencen, pero que non dan lugar a un ser novo. Adoitan atoparse nos tecidos.

·Multipotentes. Células coa capacidade de concibir diferentes tipos celulares, mais non todos. Por exemplo, as células da médula ósea, que se dividen en glóbulos vermellos, brancos e plaquetas (hematopoyéticas) exclusivamente.

·Unipotentes ou proxenitoras. Células nais que unicamente poden diferenciarse nun tipo concreto de célula, como ocorre coas neuronas.

A gran variedade existente de células nais dificulta aínda máis a adquisición da materia necesaria para levar a cabo a consecución dun tecido san que podamos implantar no paciente enfermo. Principalmente, as células nais poden provir de embrións ou de adultos.

Células nais provintes de embrións

Neste apartado podemos destacar dúas subdivisións, dependendo de se as células conséguense mediante a fecundación in vitro ou por clonación.

-As células resultado da fecundación in vitro conteñen xa a primeira mostra dun embrión. Deben ser illadas nun medio propenso para o seu desenrolo, de maneira que se poda producir a diferenciación, o que supón a morte do embrión. A maioría de células utilizadas nestes experimentos son cigotos sobrantes e conxelados da reprodución asistida dunha parella, que os cede á investigación científica. A súa maior vantaxe é que son totipotentes, é dicir, poden transformarse en calquera tipo celular e que se multiplican con rapidez. Por outra banda, a extremada facilidade coa que se dividen está relacionada coa aparición de cancros e tumores, ademais que ao seren un corpo estraño ao organismo este pode loitar contra os novos tecidos.

-Células nais como resultado da clonación. Existen dous procesos polo que se poden obter clons dun embrión: un é un proceso natural, a xemación, propio dos xemelos; o outro é a clonación por transferencia de núcleo.  A clonación por transferencia de núcleo consiste en implantarlle a un óvulo, ó que se lle extraeu o núcleo previamente, un novo núcleo sacado doutra célula, e despois estimular a división celular. Isto aínda non é tecnicamente posible, e dende o punto de vista ético presenta moitos problemas.

Células nais provintes de adultos

Poden extraerse de dous lugares fundamentalmente: a sangue do cordón umbilical e de tecidos de persoas adultas, como o adiposo, conxuntivo, a pel…. A efectos técnicos e éticos, ámbalas dúas fontes son iguais.

En principio, pensábase que as células nais obtidas dos tecidos unicamente eran multipotentes, isto é, podían dividirse nuns cantos tipos celulares completos. Porén, descubriuse que estas células en condición de cultivo axeitadas son capaces de dar lugar a estirpes celulares diferentes. Isto ocorre porque o micro-ambiente no que se encontra a célula inflúe nas súas funcións, producindo que só se divida en determinados tipos celulares. Son as chamadas células pluripotentes inducidas (CPI), que mediante un virus poden comportarse como células embrionarias, mais aínda están en experimentación.

 imagen

Fontes empregadas:

- Presentación duns alunmos de bacharelato do IES Federico Balart: Medicina regenerativa y clonación.

-Blogue privado do biólogo Francisco Carrillo Gil: Rede científica .

-Páxina de carácter divulgativo e didáctivo de autor privado: Club Planeta

- Foto alonxada no blogue privado da Universidade de San Carlos de Guatemala dirixido polo profesor Jiménez Rodríguez: marioquímica2 

Entrada elaborada no curso 12-13 por  Antia Pereira Fernández

 

Tags: ,