Plan Proxecta
Dende Climántica e co noso blogue participamos neste proxecto ca intención de desenvolver iniciativas que busquen solucións aos problemas xerados polo Cambio Climático.
Ese vai a ser o noso tema principal e punto de partida para lograr unha aprendizaxe activa, baseadas en prácticas cooperativas e interdisciplinares. Queremos saber que é o Cambio Climático e que efectos ten, pero sobre todo queremos facer algo axudar a solucionar o problema.
Xa hai moitas ideas en marcha que abranguen aspectos diversos, polo que, estableceremos varios grupos de traballo que exporán os seus resultados a través de diversos soportes…, hai que empezar a organizarse…
GUIÓN DE TRABALLO PROPOSTO
1. Propoñernos un Reto cuns obxectivos concretos **
**Específicos, Medibles, Alcanzables Realistas, Tanxibles e… Transformadores
Tendo en conta criterios técnicos, temporais, de esforzo,… (Podemos facelo?. Temos tempo?)
2. Procedemento
- Elaborar un guión do procedemento cos pasos a seguir (plan de traballo)
- Facer un reparto de tarefas
- Ter en conta os materiais e recursos necesarios
- Temporalización
3. Levar a cabo o proxecto
4. Avaliación do procedemento e dos resultados.
RECURSOS PARA TRABALLAR
Para facer visibles os proxectos vamos a empregar a ferramenta dos blogues. Cada grupo creara un blog onde se subiran os diferentes proxectos. Podedes empezar consultando o recopilatorio de recursos elaborado para este traballo. Os blogues elaborados aparecerán enlazados no Blog de blogues: Climántica en Salvaterra.
Tags: blogues, Planproxecta, traballos