Descontaminación natural

A biorremediación é unha tecnoloxía emerxente que utiliza organismos vivos (plantas, algas, fungos e bacterias) para absorber, degradar ou transformar os contaminantes e retiralos, inativalos ou atenuar o seu efecto no chan, auga e aire. Esta tecnoloxía empregase para contrarrestar axentes contaminantes específicos do chan, por exemplo na degradación bacteriana de hidrocarburos. O exemplo mais coñecido é o da limpeza de derrames de petróleo mediante o uso de nitratos ou sulfatos para acelerar o proceso de reprodución bacteriana exogena ou nativa para a degradación de este axente externo.

Os procesos naturais de biorremediación e fitorremediación fóronse usando desde fai décadas, a biorremediación co uso de microorganismos foi creada  por   George M. Robinson científico norteamericano dos anos 60.

Os procesos de biorremediación poden ser de tres tipos: a degradación enzimática, a remediación microbiana, e a fitorremediación.

  • Degradación enzimática. Consiste no emprego de enzimas no sitio contaminados con o fin de degradar as substancias nocivas.
  • Remediación microbiana. É o uso de microorganismos directamente no foco contaminado.
  • Fitorremediación. É o uso de plantas para limpar ambientes contaminados.

 A biorremediación pode clasificarse en in situ ou ex situ. A primeira consiste en intentar acelerar o proceso no mesmo ambiente modificando as condicións ambientais ou por inoculación microbiana. Nos procesos ex situ consisten en extraer o contaminante e degradalo noutro sitio en condicións controladas de laboratorio. Evidentemente a maioría das veces non se pode facer a parte que é un proceso mais caro.
imagen

  As vantaxes que ten a biorremediación, son que non produce efectos adversos significativos, xa que apenas xera cambios físicos no medio, e é mais barato que outras técnicas anticontaminación, especialmente cando se trata de eliminar residuos de difícil acceso, como por exemplo os derrames de gasolina, que poden contaminar a auga subterránea. Ofrece unha tecnoloxía mais simple e completa que as tecnoloxías mecánicas.

A biorremediación tamén presenta algúns inconvintes. Si ben resulta eficaz para certos vertidos, como o petróleo ou incluso o uranio, non pode facer nada contra moitos outros tipos. Así mesmo, estes sistemas necesitan bastante tempo para que actúen, e se requira coñecer ao detalle as características do vertido así como as condicións ambientais, o que pode supoñer que un proceso que funciona en laboratorio falle na natureza. Pola súa parte, os expertos en enxeñería xenética creen que a utilización de organismos modificados xeneticamente traerá un maior desenvolvemento da biorremediación. Sen embargo, os seus detractores advirten dos seus posibles efectos secundarios sobre o medio ambiente, polo que deben facer fronte a importantes restricións legais, e recordan que na maioría dos casos os organismos naturais poden servir igualmente.

 En calquera caso, aínda que a biorremediación pode ser moi efectiva para procesos de descontaminación, non hai que esquecer que se trata de unha técnica paliativa, polo que hai que apostar por unha política preventiva que minimice os resgos de contaminación.

Fontes:

Biorremedia (Unha páxina dunha empresa de base tecnolóxica)

Consellería do Medio Ambiente e Ordenación territorial (Goberno de Canarias)

Fotografía: Sacada da wikispace

Entrada elaborada no curso 12-13 por Alexandra Alfonso Casal

 

Tags: ,